Caxigalines nella Reguera'l Campizu

17 aprile 2010

LO PAS DE LO PAS


O amigo Lo Pas, compañeiro de tertulia matinal, copiloto e piloto de viaxes ao choio, esmorgante máximo nas noites de Vigo, veciño de incombustible polémica, obtivo onte a súa praza de catedrático de forma brillantísima. En Ourense despregou un amenísimo relato da súa traxectoria académica, cunha elegante presentación en diapositivas. Os membros do tribunal fixeron preguntas moi pertinentes (insólitas para min, afeito a outro tipo distinto de retórica) que foron respondidas cunha naturalidade e solvencia moi rechamantes. Desenvolveuse todo de forma exemplar, con debate intelectual e de política universitaria de gran altura, sen perder nin un ápice da emoción precisa dun momento deste rango. Podo dicir que poucas veces un sinte a plena satisfacción de estar diante dun verdadeiro acto académico.*
Xa lle din a noraboa coa aperta emocionada correspondiente, pero non quería deixar a ocasión de facelo nesta pequena fiestra para comunicar que ás veces na universidade pasan cousas ben intensas e admirables.



2 commenti:

Anonimo ha detto...

moitas gracias, moitísimas gracias. Foi unha honra verme acompañado nese momento de amigos coma ti.

Lo Pas

apicultor ha detto...

Parabéns pola merecida cátedra.