Caxigalines nella Reguera'l Campizu

29 aprile 2010

TANO BUSH VS. JAMES HEAD



Dame pe (e algo máis, pero non vamos contar intimidades) o amigo Juan Blanco Valdés para corroborar o seu razonamento sobre a expansión de candidaturas á reitoría compostelá coa aparente simplicidade (simpleza vai ser moito polo de agora) da campaña viguesa. Hai, como sabe a humanidade enteira, só dous candidatos, do mesmo partido (aínda que en distinta ubicacións internas; un máis aparatchik, un máis moderado, un máis nacionalista, un máis conservador, pero eles mesmos saberán), que se presentan acompañados de dous equipos tan heteroxéneos e de tan amplo espectro que son perfectamente intercambiables. De feito ninguén desdiría na outra candidatura. Xente de dereitas (mesmo pepeiros), socialistas (vía degá ou vía soe, ou das dúas), liberais (que tamén hai non vaian pensar, sobre todo se son eles/as mesmos os/as que respostan), nacionalistas de diversa intensidade patriótica nos dous equipos. Como ademais, a diferencia do que ocorre en Compostela, na UVigo (USur, para os de Ourense) hai máis territorios autónomos e independientes (Pontevedra, Vigo e Ourense) e, dentro destes territorios autónomos e independientes, hai máis centros autónomos e independientes, a especie esa do reino de taifas (que, por outra parte, mira que ten mala fama) da que fala o amigo JBV reprodúcese con mimética e, polo que se ve, aplaudida circunstancia. Iso explica esta insólita (ou non, según se mire) falta de correspondencia entre o panorama político-ideolóxico galaico (e case universal) e o panorama totum revolutum, macedónico e tutti frutti predominante por estes lares, só amalgamado polos intereses creados (quero dicir, inquedanzas) e favores mutuos (quero dicir afinidades) dos grupos.
Non vou eu a pedir agora un goberno de salvación universitaria viguesa, sobre a base da igualdade case milimétrica de caracteres entre as candidaturas, porque sempre hai algún pequeno detalle (unha promesa mal artellada na charla de presentación, unha figura indesexable polos arredores de poder, unha falta de ortografía) que inclina a balanza. Ás veces o detalle nin inflúe, porque xa se sabe como se las gastan as tenias insaciables de intestinos agradecidos.
Nesas, don Juan, andamos; recitemos en alto, a estas horas, a don Luis.

2 commenti:

Ian ha detto...

Se non cambiaron algún dos dous últimamente, ate lle son da mesma familia política intestina no BNG :D

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Que son da mesma familia tamén a min me consta, e mesmo da mesma sección e ata da mesma célula (creo), pero, alén de ser en política, convén parecer, como ben sabe vostede, amigo Ian.