Menos mal que, pasado o río, aínda se papan uns currywurst para aliviar a acidez histórica.
Caxigalines nella Reguera'l Campizu
5 aprile 2010
APUNTES (VISUAIS) SOBRE BERLÍN 5
Hai algo en Berlín (no París das grandes avenidas, campos elíseos, arcos de triunfo e inválidos, e no Londres do Mall ou na Roma que vai da tarta de Víctor Manuel ao Coliseo tamén me pasa) que non me gusta nada. E dentro dese nada, que ten que ver co gusto pola línea recta (será a línea recta unha metáfora do autoritarismo?), o pastiche berlinés faise aínda máis intragable. E dentro dese pastiche, nada máis eminente que a illa dos museos, un pretencioso espazo de moi dubidoso gusto por empregar este tópico adxectivo eufemístico. E dentro desa illa, este museo, coroación das veleidades (e algo máis) imperiais e imperialistas (que semellan por que non dicilo o propio British Museum), de Pergamón. Fascinante rapiña á maior gloria da vaterland.
Iscriviti a:
Commenti sul post (Atom)
1 commento:
¿Cal é o Londres do Mall? Non me dou conta. ¿Cal é o Mall? O centro de Londres (concepto amplo) tende a ser caótico, para min moi atractivo, (outros gustos hai), pero tamén me encantan os barrios que conservan ese aire de vila no centro do mesmo, algo moi característico da cidade. O Mall non sei.
Posta un commento