Días de verán do norte. E cando digo norte, digo cantábrico, digo Candás, digo Ribadesella. De orballo a media tarde, partidas de cartas, tutes, sete velos (settebello?), pullovers anudados sobre os ombreiros, paseo polo peirao ao serán para abrir sardiñas e beber culíns de sidra, cheirume a brea e oricios, confusión de poalla e escuma de mar, múxeis oleosos pescados e ceibados ao instante. Humedade, auga. Verán de auga. Esa lixeira friaxe.
Na ilustración, Perán, o lugar de veraneo da miña infancia (curioso, querido irmán que virás por aquí, a casa que está despois de pasar o tunel do tren á dereita).
1 commento:
¡Nada como el verano en el norte!
Saúdos.
Posta un commento