31 gennaio 2007
POLO LAICISMO RADICAL
XUAN BELLO: O MOMENTO REQUEXU
30 gennaio 2007
FEBBRAIO
29 gennaio 2007
CLAUDIO GUILLÉN
Estiven unha vez con el: veu a Vigo a falarmos hai tempo. Lembro o seu porte de galán, elegante nos seus acenos. Viña vestido con esa compostura de profesor americano britanizado e miraba as mulleres que se acercaban a saudalo cunha mixtura de melancolía e pose seductora. Eu pensaba mentres o escoitaba falar de Petrarca (sen atender case o que dicía) no que el representaba: non só a tradición republicana que transmitían os seus ollos guillén, senón o modelo fundamental desa disciplina que poucos sabios poden cultivar sen risco de pedantería infecciosa: a literatura comparada. Ese legado segue máis que vixente e hoxe non se pode estudar literatura sen antes botarlle unha profunda ollada a un dos seus libros capitais, Entre lo uno y lo diverso. STTL, don Claudio.
28 gennaio 2007
JIMMY GETS SOUL
Soul a mazo. Pero tamén música disco e rapeados incipientes. A historia da música negra dos anos 60 e 70, en pequenas racións. O director da excelente Deuses e monstros cos inesquecibles Ian Mckellen e Brendan Fraser, Bill Condon, realiza unha versión dun musical de Broadway a maior gloria da memoria de James Brown e Diana Ross (como se fora unha profecía, as liortas familiares sobre o cadáver de Jimmy Thunder Early/sucedáneo de Brown tamén aparecen na película). Os números están, como en toda grande película musical americana, cheos de talento: cuns músicos a pleno rendimento e cunhas voces e unha posta en escea engaiolante. Para quen rexeite o musical americano recoméndolle elixir outra sala: para os que nacimos con estas imaxes nos ollos, a película é unha delicia. Xa coñeciamos a voz de Beyoncé (e sospeitabamos a súa escasa preponderancia na pantalla), pero ignorabamos todo sobre Jennifer Hudson, ao parecer vencedora da versión americana de Operación Triunfo, American Idol, e agora candidata aos oscars como actriz de reparto. A canción súa And I'm telling you I'm not going invade toda a sala.Eddie Murphy está moi ben, pero esaxerada a súa mención para os oscar: quizáis unha chamada de atención sobre ese fenómeno, mal aconsellado, para que tente facer drama. Estou seguro que o bordaría.
Jamie Foxx, que é un actor de primeira, está frouxiño e Danny Glover anda demasiado sobrio para o seu habitual histrionismo.
O que salienta, coma sempre, é o ritmo pautado das imaxes, unha producción que permite pasar unhas dúas horas (que poderían ser un cento) coa sensación de que esta música que nace do blues e do jazz e camiña por fitos esplendorosos como o r & b, o soul, a disco, o rap, é a música dos nosos tempos.
ADDENDA, 29 de xaneiro. Quedo impresionado coas posibilidades de Google: agora resulta que ofrece unha entrada na que poden consultarse as críticas recibidas por unha película.
AS BAGOAS DE SHARON STONE
Fun onte ao cinema a ver Bobby, unha película de Emilio Estévez, ese medio paisano (fillo de fillos) de O Porriño que anda polo jolibú. O film trata de contar as horas dun grupo numeroso de persoas que durmen ou traballan no Hotel Ambassador de Los Angeles xusto antes do asasinato de Robert F. Kennedy a máns de Sirhan-Sirhan. A película, como parece habitual nestes últimos anos, preséntase de xeito fragmentario e colectivo. As persoaxes recorren un significativo modelo da sociedade americana nos anos xustos de Vietnam, loitas contra a segregación racial, as mortes de JFK e Martin Luther King. Un rapaces novos que casan por librar de ir á guerra, unha artista alcoholizada que sobrevive ás xiras, unha peluquera do hotel, casada co director, un antigo empregado que gasta as súas horas lembrando tempos de esplendor xunto a un do hotel, un chicano (latino), espalda mollada, que gusta do beisbol e tenta permanecer nos EE.UU., un cociñeiro negro... En fin, un grupo de persoas en torno ao cuartel xeral dos demócratas en California, no mesmo día das eleccións. O filme atopa espazo para incluir imaxes documentais de Kennedy recorrendo o estado para conseguir o posto para o Senado. Estévez, que cuida unha banda sonora que sorprende cun Black is black difícilmente audible, conta cun tono ás veces haxiográfico e sempre melancólico a crónica dunha oportunidade perdida, aínda que as imaxes do seu país soan a fracaso, a derrota. Pode verse como unha película un tanto laudatoria, pero agocha un amargo retrato dunha sociedade vencida. As bágoas das persoaxes pola perda de algo asumen, ao cabo, o protagonismo da historia.1. Nota curiosa: quen pode crer que William H. Macy estea casado con Sharon Stone e que, por riba, estea liado con Heather Graham? Un problema de casting indudable.
2. Son un sentimental porque cando soa The sounds of Silence (non esquezamos que O graduado era desa época) coas imaxes documentais, as bágoas asoman.
27 gennaio 2007
MODERNIZACIÓN E DEPURACIÓN NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

LUCES E SOMBRAS DO BIPARTITO
Tras un prudente periodo de adaptación ao medio, chega o tempo de valorar os case dous anos do bipartito. Abro unha reflexión, que tenta dar resposta a:1. Mudou en algo a política galega neste tempo?
2. Está ben artellada a acción política con dúas forzas no goberno?
3. Cales son as principais aportacións da nova Xunta de Galicia?
4. Cal é o(s) punto(s) feble(s) do goberno de PSOE e BNG?
5. Que podemos facer nós por este país?
Desde aquí, animo as vosas consideracións, como complemento ao debate que Marcos Valcárcel acaba de abrir no seu extraordinario blog sobre o papel do intelectual en Galicia.
NOTA: O Jano bifronte que ilustra o post non constitúe ningunha clase de comentario.
25 gennaio 2007
XEOGRAFÍA POLITICA DE ESPAÑA
A SALUDABLE REPÚBLICA DAS LETRAS
Estou lendo este libro de Joaquín Álvarez Barrientos, co título de Los hombres de letras en la España del siglo XVIII. Apóstoles e arribistas, publicado o ano pasado en Castalia. Nun capítulo interesantísimo aborda o tema da representación do escritor e recurre ao noso imprescindible Feijoo. Transcribo un párrafo que me parece especialmente significativo: "Respecto de las enfermedades de que se suelen quejar los literatos, [Feijoo] insiste en que, a menudo, son trastornos comunes al género humano: reumas, jaquecas, vahídos que puede padecer cualquiera, de manera que estas enfermedades, explica, no son específicas del hombre de letras y pueden evitarse si se trabaja con sentido, sin excederse en las horas de estudio y en un ambiente adecuado. Al mismo tiempo, continúa, entre los escritores es frecuente que aquellos que tienen mala salud o son enfermizos alcancen muchos años de vida [...] por lo cual no deberían preocuparse demasiado de sufrir ciertos padecimientos: las letras, antes que acortar la vida, la alargan.
24 gennaio 2007
CARTOGRAFÍA DE LONDRES
PROFESORES IMPLÍCITOS (REEDICIÓN DUN RELATO DE FERRÍN)
“Agora xa sei por que acendo o puro, por que non deixo de fumar puros dende hai trinta e cinco anos”. Deste xeito comezou Xosé Luis Méndez Ferrín o seu acto de investidura como doutor honoris causa pola Universidade de Vigo, o 19 de maio de 1999. Oito anos despois, o Servizo de Publicacións rememora aquela multitudinaria homenaxe coa edición de 1.500 novos exemplares da súa intervención. A masiva asistencia ao acto provocou que se esgotaran as copias editadas para a ocasión. [DUVI, 24 de xaneiro de 2007]23 gennaio 2007
NOSTALXIA DA NEVE
22 gennaio 2007

GALERÍA E OBRADOIRO


21 gennaio 2007
A ROCHELA
19 gennaio 2007
MENAGE À TROIS À LA TABLE
18 gennaio 2007
O ESTATUTO AVANZA
17 gennaio 2007
CHINA OCULTA

VETUSTA FUNKY
VERBIGRACIA DA ESTULTICIA

16 gennaio 2007
ENCOMIO DA ESTULTICIA

Ha. 1600. Buril coloreado a mano, 357 x 481 mm Nüremberg. Germanisches National Museum, n.º inv. La 213, Kapsel 1186. Bibliografía: Harms, 1983, n.º 135.]
NOCTURNO DO BROOKLYN BRIDGE

15 gennaio 2007
O CALEXÓN DO GATO
14 gennaio 2007
OS NOSOS FORÁNEOS

ESTRELLA MORENTE

13 gennaio 2007
12 gennaio 2007
PAN ARTESANO

BABEL: O ÚLTIMO TANGO NO ATLAS









