Caxigalines nella Reguera'l Campizu

17 gennaio 2007

VETUSTA FUNKY


Mentres paso no dvd esta versión de "La Regenta" de Gonzalo Suárez, contemplo atónito a imaxe seguinte. En plena escea costumbrista aparece este home por entre os extras como sacado dunha película blackxplotation. O curioso é que mentres vai baixando apenas atopa estrano o rebumbio decimonónico: só de esguello mira para a esquerda pero sigue baixando como se nada.

3 commenti:

Anonimo ha detto...

Cousas veredes...

Marcos Valcárcel López ha detto...

Alucinante, dende logo. Ademais había extras desta guisa cando rodaron La Regenta, aló polos 70 creo?

Anonimo ha detto...

A película é do 74 e eu, que de cando en vez visitaba Oviedo cando por razóns familiares ía pasar as vacacións a Mieres, non chego a recordar xente coma este home polas rúas ovetenses.
Agora Suárez está rodando ou rematou de rodar unha película en Oviedo, "Oviedo express", na que un grupo de teatro chega á fermosa e ben cuidada cidade asturiana para facer La Regenta. Estas son as reviravoltas da vida.