
Despois dun par de días trastornado pola enfermidade da volcadura de datos en aplicacións informáticas (esa peste jodierna, que diría un das salamancas jurdanas) e pola comprobación da ausencia de límites da parvura humana (menda incluso), atopo hoxe un par de recursos luminosos para recobrar alento e vida: un vídeo da película italiana
Baciami ancora (coa pléyade de actores e actrices riquiños e riquiñas daquel país) de
Lorenzo Jovanotti, nada do outro mundo pero suficiente para levantar o ánimo co mínimo ollar de mares adriáticos e casas ocres do paese toscano con manteis de cadros e amizades e risas e baile, e a
música de
The Black Keys, todo un fascinante achádego (un blues potentísimo desde Ohio) que alivia estas tardes de inútil excrecencia burocrática e de indecentes convocatorias caballerescas.
Nessun commento:
Posta un commento