![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjjqa21IEDCM_sf4GgFpFoDjAmzMEXev4IM_iMk61eMY6OKWSy2VH6fPlaZDeJ8JMyRl7byxZIkHdT1zImQflMmzhiK-iDln0639stClMwfXVu4K85g88r3WMUGYnTfHSoMInl3Nxdbx6U/s400/191120101285.jpg)
Onte estiven en Santiago, baixo a chuvia inclemente. Non me deu tempo nin a ver o Botero da rúa Vilar (tampouco facía moita falta) nin a exposición de García Rodero no CGAC (isa si). Mirei rápido a escaleira de bonaval, un bosque de acero na igrexa panteón, cuns croios estrados polo chan, e o aparcamento de buses do colexio de elite lasalle que descoñecía. Aire de húmidos incensarios, auga a cachón, serán abrupto e tránsitos por soportais apenas iluminados por onde camiña xente vestida de escuro ou de negro.
Deume onte Santiago algo de tristeza.
Nessun commento:
Posta un commento