Caxigalines nella Reguera'l Campizu

8 maggio 2007

A PSEUDOCIENCIA

O meu amigo LP, fustigador de supersticións, e máis eu adoitamos parolar contra as crenzas populares nun furibundo laiar no deserto. LP, de cando en vez, propón, con seriedade, formarmos unha Liga contra á incultura científica (inclúe dietas prodixiosas, camelos médicos, miragres de botica, apoteoses sexuais, entre outras marabillas, sempre con cartos polo medio) que aínda pervive onda nós.
Pensei niso ao ver os anuncios, sección Ciencias Ocultas, no xornal (ese que agasalla garrafiñas de viño escaso) de hoxe: "Profesor M...: gran ilustre medium africano, resultados por la rapidez de su trabajo, eficacia, garantía donde otros fallan: dinero, amor, trabajo, suerte, mal de ojo, amarres, impotencia sexual, exámenes. Resultados rápidos-garantizados". Ou "Anduriña. Meiga galega. Tarot. Baraja española. Trato personalizado. Seriedad". Aínda que poéticos coma este ningún: "SIN SONSACAR. Primero pasado, después futuro. Si fallamos cuelga".
O meu amigo teima, con enfado incluído, por montar unha plataforma de estirpe decimonónica, cun lema do tipo Coa Razón por diante e co propósito de denunciar xudicialmente mesmo estas actividades supostamente legais. Teño que recoñecerlle que despois de ler estas cousas dos xornais a mín dame á risa e non podo tomar en serio as súas propostas. Pero, despois de botada a risa, non podo estar máis de acordo coa súa teimosa batalla contra a pseudociencia, unha nova variante (neste caso, por suposto, laica e atea, máis de dous séculos despois) daquelas palabras, aínda non escoitadas, de don Benito Jerónimo Feijoo:
"Los Saludadores son unos embusteros, que comen a cuenta de embustes. Los Secretos de Naturaleza son por la máxima parte un embeleco de simples, que les gasta mucho el tiempo en la prolijidad de las manipulaciones, y mucho dinero en la compra de los materiales. En el Discurso sobre los Duendes tengo bien ponderados los graves inconvenientes, que su común creencia ocasiona. Y aunque no es tan común la de los Espíritus Familiares, no deja de ser útil el desterrarla. Los Zahoríes, y los que ostentan la Vara Divinatoria han engañado a muchos, y cometido grandes estafas con la promesa de descubrir tesoros. Lo proprio digo de los que se jactan de poseer el secreto de la Piedra Filosofal".

16 commenti:

Anonimo ha detto...

Triste pero a realidade é que estes anuncios nos xornais proliferan porque os demanda unha parte enferma da sociedade en que vivimos. No fondo non son máis chocantes que os que fai a xerarquía católica nas súas publicacións.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Por suposto, amigo randeeira. Iso último vai de seu.

R.R. ha detto...

Todo isto se debe á nosa incapacidade para entender o mundo e á nosa incapacidade para coñecer a nosa propia incapacidade, ¿non é? Así que a falta de curas, que por fortuna xa non están de moda, a xente escóndese no que faga falta. Hei dicir que polo menos o rollete cristiá ten un punto literario máis rico. Como dicía un meu amigo: estou lendo un libro que ten rollos de drogas, sexo, violencia, ciencia ficción. Chámase... "Sagrada Biblia".

Por certo, señor Arumes. Preciso o seu enderezo de correo electrónico -se vostede quere- para pedirlle un favor de trinta kilos. O meu, por se non o coñece, rubenruibal@hotmail.com

Saúdos e gracias.

Anonimo ha detto...

A razón está moi ben pero ás veces resulta tentadora a pseudociencia. Ou non? ;)

Anonimo ha detto...

Contra a pseudocienicas, os embaucadores e a ignorancia científica. Ide a páxina de Mario Bunge (ainda que arxentino, non é plasta),lede e buscade os enlaces

Anonimo ha detto...

Grazas Arume, 5 grazas:
1: Por ter levado a este espazo voso de indisimulada tendencia ó pensamento literario e social -que eu sigo militantemente- una pequena faisca de ciencia
2: Por contribuir á denuncia pública dos falabaratos e sacauntos que se moven polos "medios de deformación de masas" cunha total impunidade intelectual.
3: Por enfocar a atención sobre o feito paradoxal de que nunca antes a humanidade estivo tan rodeada de ciencia e técnica (reparade nos mil exemplos do cotiá)e nunca o cidadán tivo menos coñecemento dos principios que a fundamentan. Fixádevos o normal, mesmo o vulgar que asemella a próxima viaxe tripulada a Lúa. A pesares da enorme complexidade dun proxecto destas características non ten o mais mínimo interés popular. Pola contra a web www.ikerjimenez.com leva 7603274 visitas dende xaneiro de 2005.
4: Por animar ó pensamento crítico e racional
5: Porque sei que este post é unha luba que con fair play recollo para comprometerme a publicar ese blogue do que tanto falamos.

Pero alén diso, teño que por algúns peros ós comentarios que os teus amigos te deixan:

Randeeira sostén qué son enfermos sociais os que demandan a seudociencia, pero -digo eu- pódese chamar a ignorancia enfermidade?. Son os pobres analfabétos científicos enfermos ou simplemente pobres?.

R.r. di que non somos quen de entender o mundo. Eu digo, nin falta que fai. O que temos a obriga coma pensadores é de TRATAR de coñecer como funciona e desentrañar cales son ás relacións que nel se establecen. Non somos incapaces. Do que somos capaces é de aproximarnos a realidade do mundo. E para elo temos unha potentísima ferramenta que ten amosado a súa valía dun xeito incontestable, chámase o método científico.

Peke, só podo ententer coma chanza o seu post, a non ser que vexa vostede unha atracción simplemente estética na psudociencia.

Susana c. Bunge ten todas as miñas simpatías. Non cabe dúbida que a súa obra ten que resultar a sociedade arxéntina coma un mismísimo grao alí donde máis doe.

Ó cabo, Arume. Moitas grazas polo guiño.

LP

Anonimo ha detto...

Eu penso que Rubén ten razón, inda que se poda interpretar tamén o que di LP.
Básicamente, a seudociencia existe porque á xente lle resulta moi duro que lle digan que ao seu fillo lle quedan 2 telediarios por un tumor cerebral e apúntase ao que sexa. Hai que ser moi frío e cerebral, telo moi claro, para aceptar que imos morrer e que iso significa o baleiro absoluto. Eís a relixión.
Pero como a relixión tamén ten as súas regras, pois tampouco vale. O que vale ao final é o alomojó, o quén sabe, a conspiración, todo con tal de quitarse de riba a responsabilidade sequera de pensar. E claro, haí están os fillos de puta para facer negocio. Como a relixión, nin máis nin menos.
Para loitar contra iso: a razón e a educación.

R.R. ha detto...

Mestre delaHighway, creo que o señor LP -de evocador nome- e o que isto escribe vimos dicir algo semellante; se non se entende así polo que eu dixen, afírmoo, iso si, sendo consciente de que agora mismo se a humanidade cambiase todo o que sabe por todo o que non sabe sairía gañando.
Fronte á dúbida que nos fai avanzar lenta e firmemente temos as verdades seudocientíficas e relixiosas que son moito máis confortables, así que a xente escolle o que escolle aínda que sexa porque ten gracia.

E por certo, tamén nas ciencias hai camiños criticables. Non sei se precisamente a carreira espacial será un deles. Haberá que ver que beneficios para a vida da humanidade se derivan dese inxente gasto.

Señor LP: ¡veña con ese blog!

Saúde.

Anonimo ha detto...

"Oh, man has invented his doom / first step was touching the moon"

"They used to grow food in Kansas /
Now they want to grow it on the moon and eat it raw. /
I can see the day coming when even your home garden /
Is gonna be against the law."

Meu, Dylan, r. r., sáeche o dylan que levas dentro!

Anonimo ha detto...

Benqueridos R.r e de la H61:

O asunto da relixión, para un ateo practicante e materialista furibundo coma min é xa unha cuestión fora de toda discusión. Remítovos ó clasico "Maxia, ciencia e relixión" de Bronisław Malinowski. Teño para min que o feito de que a humanidade ainda non teña superado ista servidumbre constitúe, sen dúbida, unha gran frustración da racionalidade colectiva.

Entendo o exemplo, emocionalmente comprometido, que plantexa "de la H61", pero considero que, precisamente a racionalidade é o único bálsamo que pode aliviar esa sensación de baleiro á que alude.

Polo que atinxe ó exemplo dos foguetes espaciais, teño que sinalar, a modo ilustrativo, que precisamente para as expedicións dos Apolos, desenvolveuse un sistema de autocontrol (o APPCC)que é agora usado en todo o mundo (en España con rango legal de obrigado cumprimento ó longo de todala cadea alimentaria) e que incrementou a seguranza alimentar dun xeito prodixioso. Pode dar idea aquen isto lea da importancia do que acabo de sinalar imaxinando unha transmisión na que o astronauta chamando a base dixera: "Houston temos un problema, voume pola pata abaixo e a ingravided non axuda".

Anuncio xa eiquí o nome do blog. "A navalla de Occam" e prometo por esta noite o primeiro post.

Unha aperta

LP

Anonimo ha detto...

Ola, amigos
gústame o de "emocionalmente comprometido". Eu chamaballe empatía. Reflexionarei sobre iso.
Por outra banda, facía de avogado do diablo (empatía, dicía), as cousas dos homes non son tan sinxelas: eu son ateo confeso.

R.R. ha detto...

Señor LP, caladiño me deixa co asunto alimentario-lunático á espera de que poña polo mundo virtual adiante, empezando nesta discusión, o enderezo dese bló; máis cousas a favor: o nome promete.

Señor de la Highway: ¡e como non vai saír! se aínda que cun punto razonable para a vida eu son fundamentalmente un home de fe -aínda que crebadiza. E Dylan é Dylan, claro.

R.R. ha detto...

Como materialista que son, pero cun puntiño de fe e outro de espíritu tocabolístico pregunto: ¿qué facemos con eses asuntos "paracientíficos" ós que a ciencia acaba chegando a meterlle o dente? Así, por exemplo, seica os americanos do norte -¿quén senón?- andan facendo experimentos ben rigorosos arredor do "blutúz humano", é -dicir, a telepatía.

E se un le "Arthur e George" de Julian Barnes -aproveitando a boa traducción ó galego que ofrecen os Rinocerontes e o amigo X. Fraga- pode replantexarse os tipos de relación posible con asuntos como o espiritismo.

Non digo, en absoluto, que crea ou defenda as pseudociencias, paraciencias e casiciencias, pero é que hoxe pasou o cura pola casa para ver se queriamos bendecila por Pascua -xúroo, así foi- e despois de dicirlle que non nos interesaba o producto déuseme por pensar no asunto, relacioneino con este post e decidín dar un pouco que falar. Así que, "hala hala, que é gerundio", como dirían Mofa e Befa...

Anonimo ha detto...

http://anavalladeoccam.blogspot.com/

Amigo R.r, fico arrepiado imaxinando esa visión do curiña chegando a sua casa. Semella un claro caso paranormal de viaxe no tempo, no tempo pasado, claro está.

Non teño datos para acreditar o correcto funcionamento da telepatía e o espiritismo, mais sí os teño para demostrar empíricamente camo funciona a simpatía e a antipatía: liberando endorfinas a primeira e histamina a segunda. Teño un compañeiro que lle saen ataques de psoriase -isto é literal- cada vez que ten que reunirse cun terceiro. Eu fun testigo en mais dunha ocasión.

Outra curiosidade mais da comunicación paranormal: Hai tempo que está demostrada que as conversas que tiña Santa Teresa co mais alá eran foito dun colocón notable do pan contaminado con corno do millo (ergotamina, un alcaloide da familia do LSD). Ver por exemplo [REV NEUROL 2003;37:879-887] PMID: 14606057 - Historia y Humanidades - Fecha de publicación: 01/11/2003
La epilepsia extática de Teresa de Jesús
E. García-Albea Ristol.

Vamos, ó fin resulta que a Santa era unha jipi.

Unha aperta

LP

R.R. ha detto...

¡Xúrollo, hoxe mesmo! ¡E era novo e ben parecido -aínda ensotanado- unha tentación para @s viciñ@s tod@s!

Eu, no tocante -con perdón- á santiña de Ávila, oira falar de caldo de extramonio. Pero o do cornazo, e con bibliografía, é ben interesante. Procurarei botar un ollo.

E noraboa polo bló. Alá vou a sementar cizaña, aínda que empezando con Ramón Núñez un non ten máis que cousas boas que dicir.

Anonimo ha detto...

popieram wasze działania moja strona http://loloshop.pl/budownictwo/Grzejniki-na-podczerwie%C5%84-s%C4%85-sprawdzonym-systemem-grzewczym