Caxigalines nella Reguera'l Campizu

10 marzo 2011

OUTRA DE GAIÁS, MARCHANDO

Escandalizou hai apenas tres meses o montante anual dos pinganillos multilingües para o SPQH: 250.000 euros (máis de 40 millóns de pesetas), seica, peso padiante (ata 350.000 apuntan outros) peso patrás.
Disque, e consta no diario de sesións, que o montante da inauguración do Gaiás (que eu saiba de duración menor ás 24 horas) foi de 130.000 euros (20 millóns de pesetas, por se contan en pasado), incluido un epígrafe de 55.000 euros en publicidade.
Por moito que un ignore a aritmética ou tivera o infortunio de latar/fanar o día que explicaban a regla de tres composta, a desproporción das contas é clariña. En ámbolos dous casos, son chiculates dun loro a piques de estoupar pero chiculate ao fin e ao cabo.
O que non resulta tan clariño é o silencio montuno deses oráculos escandalizables sobre os tellados de cuarcita.

Nessun commento: