Caxigalines nella Reguera'l Campizu

6 febbraio 2007

NACER EN LUGO

Esta noticia rechama: "Sólo en Vigo hay más nacimientos que en toda la provincia de Lugo -los 2.646 niños nacidos en esta ciudad superan a los 2.044 registrados en la totalidad de los 67 ayuntamientos lucenses". Non tanto polo que atingue á cidade, esperable, senón pola imparable costa abaixo (ou máis ben éxodo cara a costa) do interior de Galicia. Seguimos pendentes de que un tren (veloz) chegue desde o centro e desde o continente para comunicármonos co mundo, pero seguimos sen comunicarmonos entre nós. Mentres agardamos por Mr. Marshall, que ha pasar coma unha cometa para unir Madrid ou Lisboa con Vigo, Santiago e Coruña, Ourense mediante, os pobos e vilas da Galicia interior seguen a esmorecer paseniño, ata desapareceren definitivamente ou converterense en parques temáticos da ruralidade galaica contemplada desde a metrópole. E o signo dos tempos. Completamente irremediable.
[Tim Hawkinson, Balloon Self-Portrait, 1993]

3 commenti:

Anonimo ha detto...

A cidade de Lugo, seica, foi das que -non sei se, mesmo, a que- máis medrou do país ultimamente, en termos relativos. Segundo os últimos datos, somos no concello (incluídas, polo tanto, as cincuenta e pico parroquias rurais) máis de noventa e dous mil.

A provincia debe estar vindo para aquí en masa.

Anonimo ha detto...

Polo INE, o aumento da poboación en Lugo capital é de 1.179 habitantes, cunha porcentaxe do 1,28%, moito máis ca Pontevedra, por exemplo, mentres a provincia perde 1.030 persoas, un 0,29 da poboación.
Tedes 8 persoas menos ca Santiago, pero moi cedo aumentaredes probablemente o número. Eu son un lucense de moito corazón: traballei alí e deixei moi bós amigos e extraordinarios recordos. Visiteino en Nadal e vinno realmente fermoso. Alégrome por ese país único, aínda que o seu incremento sexa en detrimento da provincia. Saúdos.

Anonimo ha detto...

Pois eu non entendo moi ben por que aumentamos. Pechou a FRIGSA,o Campus incidiu algo para ben... pero non hai moita cousa, estamos ben lonxe de ser nada semellante a Vigo canto a iniciativa, actividade laboral...

Temos moito que mellorar. Estase a renovar algo do casco vello, pero case non vive xente: non sei se chegará aos cinco mil habitantes. Pola Acea de Olga (barrio do Campus) hai vida... Grazas pola amable loa.