Hoxe deume pe a ilustración do último post de Marcos Valcárcel para esta anotación: o retrato do matrimonio Arnolfini de Jan van Eyck agocha un tratado completo da pintura. Pero en cada un dos detalles, coma este do espello, nos que fica pronunciado o nome do xenio.
6 commenti:
Convídovos a que vexades a imaxe de forma máis precisa dándolle ao click. É ben precioso.
Vaia,os debuxos periféricos representan a pasión e morte de Cristo,o seu descenso ós infernos e a resurrezón...Non coñezo as dimensiós reáis do cadro,pero xa lle levóu traballo o detalle...
Esta é unha desas obras de arte que cortan literalmente a respiración. A maxistral execución aínda é menos admirable que a sensación que transmite, un mundo dentro dun cadro, ¿onde está o tema? ¿que quixo representar J.V.Eyck? Lémbra moito o misterio das Meninas, é a grandeza dos xenios, que son quen de abrir unha enorme fiestra onde o que queira non se cansará nunca de ver.
Fixádevos
Na wikipedia hai unha entrada sinxelamente impresionante sobre este cadro. Remato de vela.
Si Arume, é unha entrada fenomenal, cánto admiro ese traballo verdadeiramente anónimo dos que fan esta enciclopedia virtual, é xunto con este fantástico mundo blogueiril o que me fai confiar no futuro do coñecemento. Hai tanta xente tan xenerosa aquí dentro...é fantástico.
Posta un commento