E para que o trío de admiracións quede completo, aquí vai a cesarinista, a máis entusiasta e emocionante de todas. O grupo, En cuarentena, canta o día 5 de abril en Vilalba, pub A Xanela. Non teño palabras para ese peazo guitarrista que aúna maneiras de Keith Richards e Eric Clapton e acariña coa súa voz de veludo o micrófono do Lar.
Actualización, 29 de marzo de 2008: a petición do distinguido público que hoxe recibe ademáis PeNe, o grande R.R., a foto do Clapton do Eume.
7 commenti:
A tipo Clapton é a foto que ten que colgar ;-D
Comparto admireixon polo jicho este.
E por que o Clapton do Eume non ten unha Fender Stratocaster made in USA como deus manda?
Pois non ten unha Fender porque o seu irmán mercoulle esa Cort da foto e un ampli (este último xa morreu) cun dos seus primeiros soldos hai máis de 20 anos. As outras guitarras (incluso as Fender), non levan un irmán dentro e, por conseguinte, soan peor. E un feito.
Está ben iso de chegaren a unha idade na que voltas facer música (en direto. A cuestión é con cantas groupies conta esta banda? son tamén da época dos músicos?
Un ídolo de masas, tío eres el mejor.
tu sobri
Ten un parecido con Al di Meola. E usa a sua mesma marca de guitarra!.
E non sei por qué non escolleu o pé de micro de "jirafa" que está ao lado. Co incómodo que é cantar e tocar a guitarra có pé vertical.
Posta un commento