O luns arrincaba a propia paixón. Por Béjar. Unha vila arredor dunha montaña, unha especie de acrópole destrozada. Baleira case por completo. Austeridade, rigor penitente. Grisalla berroqueña. Pero, entre esa sobriedade, unhas casa de recollimento: Casa Pavón. Alí estaba todo Béjar, en plena praza Maior, en rosario mántrico, case infernal. Para acrecentar a chaga e abrila ata o delirio un cuchifrito cunhas patacas da Alberca e un Ribera Emina que sinalaba o camiño da verdade. Aliviamos algo (sen excedérmonos) a ferida durante a tarde calada e pasada por auga. Pero un luns santo sen un españolito no Café Español ou unha tosta de xamón heroico na Pitarra del Gordo de Plasencia non é día de arrepentimento. A Hermandad Penitencial y Cortejo de Nazarenos, que non procesionou por falta de paraugas eficaces, chorou xunto a unha torta de casar todas as penitencias. E nós con eles, co viño de bendeciren as ánimas, a esa hora completamente perdidiñas.
5 commenti:
Hola,
de madre bejarana y padre pixueto, soy una asturiana instalada en Vigo.
Béjar ya no es lo que era. Inspira tristeza y desencanto. La visita en Semana Santa, por lo tanto, es adecuada. El Café Español, un clásico.
Lástima que no haya tenido tiempo para visitar Candelario:admirar los castaños, beber el agua gélida de la montaña o comer un buen jamón o unos buenos chorizos!!!!
¿Y el Estanque?
Un saludo.
Dunha visita á Pitarra do Gordo de hai polo menos dez anos lembro unha magnífica morcilla patatera. E ao Gordo, claro. Seguía alí?
Amiga Anónima (e algo coterránea):
Candelario foi deixado fóra a propósito para ter xustificación para voltar. Houbo que elixir e eliximos Hervás, que mereceu a pena. As froles brancas das cerdeiras estaban xa agromando pero faltaba unha semán para velas no seu esplendor. Foi mágoa.
Borralleira: Seguía alí, pero ten dous bares máis en Plasencia. A xenerosidade cos ibéricos nesa barra foi impresionante. Aínda saiu (mira que foi casualidade) nun programa da tv falando de obesidade. E foi casualidade tamén que o gordo de Almagro tamén fora da mesma envergadura e que tivera barra na praza maior. E que deran esplendidamente de comer.
En fin, a Extremadura ténolle moito cariño.
Hola,
Me llamo Isabel, se me olvidó escribir mi nombre!!!!!
Siempre está bien tener una buena excusa para volver a tierras bejaranas.
Me gusta la judería de Hervás, y las cerezas!!!!!
Isabel
La "tierra chica" de Don Jesús Caldera........
Posta un commento