Caxigalines nella Reguera'l Campizu

17 settembre 2008

MORALISTA


A palabra moralista seica molesta. E moito. A min nin un chisco, porque todo o que escribimos, dalgún xeito resulta moralista. Por moito que a palabra remate asociada á clerigalla que moitos aturaron. Eu, por fortuna, xa que os meus pais procuraron apartarme do pecado, pillei pouca doutrina e o pouco que aprendín foi pola miña profesión de mendigo de culturidades. De xeito que non teño o moralismo por perverso ou maligno. Eu fago moralismo sempre. Ou é que enxuizar o comportamento dun político, o costume dos meus concidadáns, as miñas accións, tal e como fago neste caderno, non é moralismo? 
 

2 commenti:

Marcos Valcárcel López ha detto...

Preciosas todas as ilustracións destes días...

Anonimo ha detto...

Claro, claro. Como seica lle dicía o pobre Camilo Flores a JJ Moralejo os luns cedo entrando no traballo: "oh tempora, oh Mora!". Con todo, é evidente que existen palabras que a base de vestir determinadas roupaxes século tras século pois ocupan unhas coordenadas das que expulsan algúns outros conceptos limítrofes. Son como os cucos do dicionario. E "moral" é unha delas. Por riba, "moralista" representa un salto de potencia e conduce á moral ao cadrado, ou ao cubo. O combate está difícil, Arumes.