Caxigalines nella Reguera'l Campizu
23 gennaio 2010
THE MIGHTY HOMENS AT THE IGUANA CLUB
Onte estiveron na mítica Iguana os xa míticos The Homens. O local ofrecía un bó ambiente pero non puido encherse: non sei se de novo a proximidade de exames, finais de mes ou eu que sei (polas rúas tampouco parecía unha noite de especial saída) arredou ao persoal. O certo é que os que non foron perderon un concerto poderosísimo, de menos a máis en intensidade e musculatura. E non só pola frialdade agardable nos comezos de toda actuación (cos retoques habituais para son e acoplamentos varios), senón porque daba a impresión de que o repertorio ía espesándose a medida que avanzaba a noite como se quixeran suliñar os homens que unha nova etapa comeza na súa andaina musical tras o power pop inicial. As primeiras cancións soaron ao album anterior, con concesións á melodía poppie, con presencia da voz do cantante ou dos rasgueos agudos das guitarras. Pero, aos poucos, nun crescendo imperceptible, foron incorporando composicións de poderío rítmico, con voces máis roucas e acordes entre envolventes e obsesivos, ata acadar un novo son, que eu me atrevo a calificar de cuasesicodélico. As cancións do final (mesmo as que formaron parte da prórroga) amosaban uns novos The Homens, máis sólidos, máis poderosos ca nunca (pop extremo é a fórmula que eles alcuman), cun dominio completo do esceario. Maduros, pero sen perder un ápice de vigor, todo o contrario, amplificando ao máximo a tensión das súas composicións. A proba do cambio quedou para min na versión rotunda, perfecta en espesura e escuridade, de Calamar: aí calquera puido comprobar a profundidade do cambio destes músicos que agora mesmo (sen camiseta de raias, pero cun look ecléctico, entre o fredperry mod de roi e a camisa negra elegante de martin, coas camisas de cadros country do teclista e a tshirt verde raido de Xocas) son a banda máis poderosa de pop do país. E cantando para os tempos que corren unha completa heroicidade... en galego.
Iscriviti a:
Commenti sul post (Atom)
2 commenti:
Posta un commento