Caxigalines nella Reguera'l Campizu

16 giugno 2010

PATRÍSTICA HISPANO-SUIZA



A ración de patrioterismo de hoxe foi xenerosa e indixesta. Os pratos rebosaban bandeiras e consignas de combate. Eles, case sen nome ou con nome trabucado ou molesto, e nós, ese familiar e obrigatorio numen, composto de once pezas que designan pertencia e tribu. Eu, que amo as combinacións exquisitas, os pequenos boccati da liña (triángulos, paredes, regates), detesto estas enchentas de patrióticas graxumadas.
Terei que quitar a voz do televisor ou comprar para min unha vevezela contra as patrias.

3 commenti:

Anonimo ha detto...

Eu pensei facer o mesmo, baixarlle o volume á tv. O xornalismo deportivo español é infumable case sen excepción. Non é só o patrioteirismo barato, senón unha asombrosa falta de profesionalidade, desprezo olímpico aos adversarios, ignorancia dos seus nomes e as formas de dicilos cun mínimo de corrección... Todo moi español!

Ana Bande ha detto...

Buf...totalmente infumable a retransmisión de onte ¡que prepotencia! case peor que a cómica e desparellada parella real falando de fumbol coma se fose cuestión de estado, bueno, a dicir verdade é a única cuestión de estado....

Turmano ha detto...

Eu, ben o sabe vostede, xa desconectei de la roja antes de empezar. Non polos futbolistas, que fan o seu traballo o mellor que saben e poden (ata os do Madrí), se non polos periodistas, que exercen de Atilas cerebrais: por onde pasan non volve medrar unha puta neurona.
O patrioterismo de merda. Semella enfermidade incurable, co sinxela que parece a cura: non hai máis que fixarse no ridícula e gilipollas que parece a xente coas súas bandeiras e himnos para decatarse de que nós somos igual de ridículos e gilipollas coas nosas e nosos (o que as/os teña, claro, que eu diso cureime hai decenios). Eu, de ser ridículo e gilipollas, que sexa por méritos propios, non da tribo.
En canto ao dos triángulos, paredes e regates... a min tamén me gustan, e moito (son maradoniano ata os condutos deferentes), pero ás veces (quizais só ás veces) a liña recta é o camiño máis curto.
De tódolos xeitos, o problema onte é que se xa é difícil de por si gañar un partido que xa estaba gañado por 4-0 minutos antes do sorteo en Laussane, imaxine o que debe costar gañalo cando xa se gañou o mundial, Casillas foi o menos goleado e Fernando Torres, esa icona (con perdón), o máximo goleador.
En fin. Que tirarán de "estilo irrenunciable" ata que coa auga nos fuciños teñan que comezar colgar balóns na área para que Llorante os remate a gol deixando os incisivos cravados na coronilla dalgún chileno, como toda a vida de dios. Xa sabe: "E estes son os meus principios. Agora ben, se non lle gustan, teño outros"