Caxigalines nella Reguera'l Campizu

23 giugno 2010

TRES ANOS DE BURKAS: DE ALCOBENDAS AO SENADO


En marzo de 2007 escribín esto. Nos comentarios houbo contraste civilizado de opinións, incluida a transcripción dun artigo de Marcos Valcárcel en que manifestaba a súa posición ao respecto. Tres anos máis tarde, aquel tema ocupa xa o lugar da lexislación parlamentaria, tras pasar por varios debates municipais sobre normativas e regulamentos civís. Non vexo motivo para mudar a miña opinión: se cadra, aínda máis reafirmo o meu comentario.
Convén lexislar con intelixencia pero sen deixar de lado nunca a defensa da liberdade das mulleres (porque disto se trata, ollo) a decidir, sobre todo diante de manifestacións sexan culturais ou relixiosas (máis ben da curia relixiosa, canonizadora dos usos sociais de corte patriarcal) que obrigan ou impoñen as súas reglas arbitrarias. Sei que convén fiar ben fino nestes complexos asuntos, pero non pode ser que o progresismo dimita da súa función liberadora e evite levar a voz de vangarda neste tema polémico na sociedade actual.

11 commenti:

Anonimo ha detto...

Para min o máis grave é esa especie de mala conciencia que nos leva (en primeiro lugar aos sectores máis progresistas da sociedade) a non defender coherentemente e sen ambigüedades os nosos avances nos dereitos civís.
Non somos capaces de asumir que detrás do burka hai unha opresión inxustificable da muller. Somos vítimas dun prexuicio supostamente eurocentrista.
Ninguén nega que da cultura e sociedade musulmana se podan incorporar aspectos úteis para a nosa civilización, pero moitos outros son condenables.
Somos quen de criticar a hipocresía e o intervencionismo da igrexa católica pero non denunciamos que aquí, no noso estado se persigue e se condena (incluso a morte) aos apóstatas do islám ou ás mulleres infieis.
Esto so pode conducir a un final dramático: o dos inmigrantes invisibles. Viven con nós, cruzámonos con eles a cotío pero non os vemos ( ou facemos que non os vemos). Como resolvan os seus asuntos é cousa deles.
Os venecianos xa tiñan unha palabra para isto: ghetto.
En case todas as cidades europeas fóronse formando ghettos de inmigrantes que so captan a atención do resto da poboación no momento en que o seu tamaño representa unha ameaza para a convivencia.
Estes días fálase de que o enfrontamento entre comunidades en Francia chegou ata a selección de fútbol.
Sería máis fácil asumir que toda persoa que chegue ao noso país terá que ter todos os dereitos pero tamén todas as obrigas. Sobre todo se nós cremos no valor desas obrigas nunha sociedade donde o debate político é permanente e a realidade se adapta constantemente a novos valores e novas sensibilidades.
Cando me cruzo cunha muller con veo intento non mirala. Non quero que sinta ningún prexuicio ou rechazo. Pero non podo evitar sentir un gran desacougo: estou contribuindo á súa invisibilidade.

Anonimo ha detto...

O pp de barcelona propuxo o outro día, se non me engano, incluír no mesmo paquete a prohibición do niqab e mais a prohibición de ir en topless pola rúa.
Miña avoa levou pano da cabeza toda a vida.
Como son as medidas exactas (cuarta máis cuarta menos) dos taparrabos nunha democracia liberal occidental civilizada?
E, xa postos, por que non prohiben tamén os lagartos de lacoste?
Saúde. Noel

Anonimo ha detto...

Teremos que asumir que o burka é un símbolo de liberación da muller, que a protexe contra a súa utilización espuria por parte das democracias liberais occidentais que fixeron dela un obxeto sexual.
Unha muller baixo o burka é libre!

Anonimo ha detto...

Eu non lle sei se unha muller baixo o burka é libre. Sábeo vostede?
É libre unha muller a quen lle obriguen a tapar os peitos na rúa nunha sociedade libre-democrática-europea-occidental-civilizada?
noel

atónito ha detto...

Eu xa sei que non é o mesmo, alomenos, non é "exactamente" o mesmo, mais no meu Lugo tropezo diario cunhas monxiñas, curiosamente moi novas, vestidas igual que as antigas "dueñas". Neste caso levan un hábito feito con algún tecido groso, basto, marrón, que abafa a un só con velas, e logo as toucas almidonadas e o veo mouro ou branco, segundo sexan profesas ou novicias. O único que se lles ve é o óvalo -nalgún caso moi fermoso- da cara. Claro que visten así libremente, ¿quen pode dubidalo, tomando o adverbio con todas as reservas que fagan ó caso?

No tema do burka e outras manifestacións do ámbito islámico, eu debátome non tanto entre o tolerancia ou o rigor, canto nos prazos... Penso que haberá que dar certo tempo á xente para que se afaga a novos costumes. Non sei. En calquera caso éche unha cuestión dificultosa, penso.

Turmano ha detto...

Como todos os comentaristas anteriores intúen, non é igual prohibir levar un burka que levar os peitos ao aire, xa que mentres esto último é signo e símbolo da libertade acadada polas mulleres na nosa sociedade (á marxe de obxeccións sobre o corpo da muller coma obxecto e sobre libertades mal entendidas), o burka e signo e símbolo de opresión das mulleres (e aquí non hai marxe ningún).
No caso das monxas, o hábito proclama a súa condición de relixiosas (entendemos que escollida libremente), mentres que o burka proclama a súa condición de mulleres oprimidas sen máis. Que conste que eu prohibiría tamén o hábito e ás monxas, pero non é o mesmo.

Anonimo ha detto...

O burka non é, nen sequer, unha tradición na maioría de países islámicos. En moitos deles como Turquía está prohibido. O seu uso non existiu nunca no Magreb. No entanto, agora estase utilizando cada vez máis en ámbitos nos que nunca existiu, en moitos casos asociado a posicións fundamentalistas.

Feministo ha detto...

Pois estou por que prohiban o burka e porque todas, incluídas as monxas, leven os peitos ao aire. Iso é progreso e libertade e o contrario, contos das Mil e unha noites.

atónito ha detto...

¡Había una vez un circo
que alegraba siempre el corazón!

Costadamorte ha detto...

Debo ser un becho raro según din as enquisas nas que unha grade maioría da poboación está a favor da prohibición, pero eu son partidario do "burka" para quen o queira usar...
Eu véxolle moita vantaxes ao seu uso, cales?...

Pois istas frases indican situacións nas que o uso dista prenda resulta de grade utilidade:

- Eu con estes pelos non podo saír á rúa!...
- Hui que gran mais feo teño no nariz!, e agora que fago?...
- Ao pasar pola praza fulano vaime a preguntar pola factura que lle debo!...

Iconvintes?...

- Coleime sen pagar a entrada, pero como non me puideron identificar e a cámara de viseovixiaza co burka non lles serve de nada, mira tí que problema!...
- Fun co burka no piquete o día da folga, resulta que son a única do piquete a quen non despediron ao remate do contrato temporal!...

Víchedes como o burka ten as súas vantaxes?...

Se me apurades, eu prohibía as relixións, (curas e imáns, igrexas e mesquitas, biblias e coráns), pero o burka púñao como moda unisex para homes e mulleres..., polo menos para o outono quente de conflictividade laboral e a costa de xaneiro, que no verán gosto mais do top-less e o nudismo de praia...

(Por certo, nunca vin a niguén con burka na Galiza)...

Por min que cada un faga o que lle pete...
e diga tambien o que lle da gana:

http://www.youtube.com/watch?v=FrArFo0z7qI

Os galegos témolo moi claro...

Un apunte paticular adicado a todolos crentes, (xudeus, cristiáns e islamitas)...

Dado que creedes que existe un paradiso onde se acada a felicidade eterna...

Dado que o xeito mais rápido de acadar esa felicidade eterna é o martirio pola fé...

Eu, se queredes, (e por facervos un favor, que conste), propoño que se faga unha lei de persecución relixiosa pola que a calquera crente que non apostate ou renegue da súa fé, se lle torture e mate martirizandoo, (e que conste que non o atopo nada agradable, pero se é por facervos un favor e gústavos, estou disposto).

Unknown ha detto...
Questo commento è stato eliminato da un amministratore del blog.