Caxigalines nella Reguera'l Campizu

19 novembre 2011

EXILIADO


Estaba eu sentado nun extremo da mesa, agardando nervioso o meu turno. Do outro lado unha voz de muller pronunciaba uns versos. Por un instante, que xulguei eterno, as palabras de Petrarca perderon todo significado e cobraron sentido coma suave e doce música chegada do meu golfo de Napoli. 

La testa òr fino, et calda neve il volto,
hebeno i cigli, et gli occhi eran due stelle,
onde Amor l’arco non tendeva in fallo;
 perle et rose vermiglie, ove l’accolto
dolor formava ardenti voci et belle;
fiamma i sospir’, le lagrime cristallo.

1 commento:

ms ha detto...

Non nos enganemos.


Todo é puro afeite/aceite,
a pel de cerca ten máis brillos que unha mandarina,
o peiteado de peluquería con data de caducidade,
a melena loura rociada por chorros de Farmatint,
a voz un fío de castellano amadrileñado digno de boquita de cidade departamental,
recheo de suxeitador,
e dentes brancos de clínica estomatolóxica das caras.

Y las manos quietas, aínda porriba.