Caxigalines nella Reguera'l Campizu

21 novembre 2011

ELECCIÓNS (4)



Escribir en galego en blogs e en redes sociais trae como consecuencia o coñecemento diario de cuitas e peripecias do nacionalismo galego. Esa ecuación entre lingua e movemento nacionalista, involuntaria e voluntaria en proporcións que non logro cifrar, permíteme coñecer de moi perto a actualidade axitada do BNG. Asistín e asisto (xa menos) a infinitos debates, case todos plenamente estériles, sobre normativas ortográficas, sobre a importancia de Portugal e Brasil no desenrolo de Galicia como nación independiente, sobre a pertinencia do esquerdismo de todo signo no futuro do BNG, sobre a idoneidade das persoas (mesmo con intimidades políticas lindantes coa difamación) que lideran estes grupos, sobre tantas outras pequenas cousas, que só os afíns e os educados e formados neses colectivos poden coñecer. 
Digo todo esto, porque de todos os partidos que concurren ás eleccións, de poucos podo saber tanto como do BNG, sobre todo por pasiva, pero ás veces por activa curiosidade case sentimental de amizades moi queridas, militantes de antigo neste partido ou coalición. Cando me atopo con eles, o seu nivel de desencanto, de frustración pola deriva dos seus dirixentes, incapaces de suscitar o máis mínimo entusiasmo no seu labor, é altísimo. Son eles os que amosan o seu ánimo derrotado fronte ás persoas que organizan e levan o BNG. Non teño siquera que motivarlles explicacións ou razoamentos: eles sós zoupan con intensidade a súa propia militancia, nun exercicio algo masoquista, só entendible por unha especie de fidelidade non só coa causa senon consigo mesmos, coa súa propia biografía, que non pode quedar desmentida ou espida polo paso do tempo. Son votantes inevitables do BNG, malia estar perpetuamente opostos ao mecanismo de funcionamento do propio partido. 
Non sei se o BNG coñece esta circunstancia, pero semella sabela, semella actuar como se soubese que os seus devotos seguirán pola vida eterna sustentando a quen se presente. O que sucede dun tempo a esta parte e o que sucedeu onte é que eses melancólicos e leais votantes vanse cansando de tanta impotente nugalla, de tanta compracencia coa derrota, de tanto lánguido aborrecemento. O BNG, que antes semellaba escindido -cun partido hexemónico de corte marxista leninista coas históricas siglas da UPG que o lidera e unha numerosa membresía de militantes, reunidos por unha declarada pero pouco artellada defensa de país ou de construcción dunha nación galega- agora xa non é máis ca, en palabras de Jacques Brel, unha sombra dunha sombra. O 10 por cento que representa nesta Galicia que os rexeita ano tras ano é puramente testimonial, nin siquera acada a mínima categoría de lobby ou de masa crítica necesaria para encetar calquera outra iniciativa política. Poden acontentarse cos dous deputados, Jorquera e Fernández (por outra parte, excelentes no seu labor parlamentaria), pero o camiño que se intúe, cun candidato claramente amortizado, ameaza ruína total. 

4 commenti:

Carlos ha detto...

Brillante

ms ha detto...

Abofé.
Por certo, unhas fotos moi curriñas.

Voz en off ha detto...

Qué foto tan alucinante!

Unknown ha detto...
Questo commento è stato eliminato da un amministratore del blog.