Caxigalines nella Reguera'l Campizu

21 novembre 2011

ELECCIÓNS (2)


A subida de EU, cun proxecto de esquerda, moderadamente federalista (que está na súa esencia), é, para min, unha boa noticia. O representante pola provincia de Pontevedra, Rubén Pérez, reúne notables condicións e, a pouco que afinen certos discursos, algo sometidos á disciplina e ao aparato do PCE (que obrigan a ou fan agromar partidos pouco consistentes e algo narcisistas, tipo EQUO), poden conseguer para as vindeiras eleccións uns resultados moi interesantes. Sen dúbida, boa parte do movemento 15M (o máis artellado e consciente) está detrás deste avance, así como o templado e tranquilo discurso inconformista de Llamazares. Non teño claro eu que Cayo Lara represente o voto da formación: nese caso, Anguita vai ter razón cando convida á propia IU a integrar ao resto da esquerda de inmediato, agardo que co propósito posible (e plausible) de diluir canto antes a marca comunista (e o centralismo democrático e algo sectario) do seu horizonte. 

2 commenti:

ms ha detto...

Cinco notas sobre as eleccións

Escrito por David R. Rodríguez
Luns, 21 Novembro 2011 09:03

1. O PP arrasa sacando só uns 500 000 votos máis que nas eleccións que perdeu no 2008. Mellora a maioría de Aznar pero encara un panorama político-social que non terá nada que ver con 1996. Se daquela o contexto económico mundial boiante (a burbulla que agora estoupou funcionaba por entón a pleno rendemento) permitiu a Aznar forxar a súa aura de mago da economía e do emprego, os vindeiros anos a dereita española terá poucas alegrías que vender a unha poboación que, ao problema do paro, terá que engadir o desmantelamento do estado do benestar.

A receita de Rajoy ante a crise social que se aveciña será, sen dúbida, envolverse na bandeira rojigualda e nos cantos patrios ao tempo que vende ao mandamáis alemán, a prezo de saldo, a pouca soberanía que lle queda ao Estado Español. Empregará moito a bandeira, tamén o código penal. Pero canto tardaremos en ver na rúa a moitos do que hoxe votaron por Rajoy crendo que un simple cambio de goberno sería suficiente para cambiar o desastroso estado da economía?

2. O PSOE esboróase até alcanzar niveis de hai 30 anos e o seu electorado se refuxia na abstención, en IU e, posiblemente, en UPyD. É pouco probable que esta debacle provoque grandes mudanzas no seu seo. O PSOE de hogano é máis parecido a un aparato do estado que a un partido vivo e cunha militancia en condicións de demandar algo da súa cúpula. Por outra banda, ante o feito de o PP gobernar case que todas as institucións, é probable que os populares precisen maquillar a súa omnipresencia dando chance ao "principal partido da oposición" pois, se convén escoller ben aos mellores amigos, máis aínda convén escoller aos inimigos. O futuro non está escrito e un nunca sabe se non terá que recurrir a un goberno de concentración nacional.

3. A irrupción de Amaiur deixa aínda máis en evidencia a escasa representatividade da configuración do parlamento vasco actual e desmonta o vello mito que divía o País Vasco en dúas partes iguais de nacionalistas e "non nacionalistas". O abandono das armas por ETA e estes resultados electorais deberían forzar algún tipo de acordo histórico sobre o futuro do País Vasco ou a fenda entre este e España seguirá aumentando até que a froita caia polo seu propio peso.

4. Malia a clarificación do mapa político español en tres grandes dinámicas diferenciadas (a vasca, a catalá e a española), o BNG "está feliz" (Vázquez dixit) porque poderá seguir mantendo economicamente un chiringuito que é incapaz de recoller réditos dunha coxuntura na que o PSdG perde uns 300 000 votos, nas que o famoso condicionante do bipartidismo se reduciu como nunca antes e na que o noso país agoniza nas mans do exército de demolición de Feijóo que propiciou o expolio das caixas de aforro, a agresión ao idioma e á cultura propia e que, mesmo en plena campaña electoral, comezou con descaro a privatización do sistema de saúde cesando a tarxeta sanitaria a desempregados. O BNG non só non está a ser útil para ser ese dique de contención fronte a dereita do que falou Guillerme Vázquez na campaña senón que mesmo vé como o PP aumenta a súa hexemonía no noso país (especialmente humillante cando o candidato do PP era nada menos que un dos responsables da ignominia que foi a xestión da catástrofe Prestige). Asiste tamén ao espectáculo de ver como calquera tipo de alternativa viable á dereita se desdebuxa máis e máis e presencia como o país vai esmorecendo no económico e caendo na irrelevancia no institucional e simbólico.

5. De 350 escanos, só de 25 se poden dicir que corresponden a partidos de esquerdas. O que é tanto como dicir que no cómputo global a esquerda, malia subir a respecto das anteriores eleccións, segue a ser marxinal no parlamento español. Non é o dato definitivo sobre pensamento político dun país ou dun estado pero non deixa de ser un dato máis a ter en conta.

http://www.altermundo.org/cinco-notas-sobre-as-eleccions/

Unknown ha detto...

網頁設計 網路行銷 關鍵字廣告 關鍵字行銷 餐飲設備 製冰機 洗碗機 咖啡機 冷凍冷藏冰箱 蒸烤箱 關島婚禮 巴里島機票 彈簧床 床墊 獨立筒床墊 乳膠床墊 床墊工廠 情趣用品 情趣用品 腳臭 長灘島 長灘島旅遊 ssd固態硬碟 外接式硬碟 記憶體 SD記憶卡 隨身碟 SD記憶卡 婚禮顧問 婚禮顧問 水晶 花蓮民宿 血糖機 血壓計 洗鼻器 熱敷墊 體脂計 化痰機 氧氣製造機 氣墊床 電動病床 ソリッドステートドライブ USB フラッシュドライブ SD シリーズ