Disque Berlusconi, logo de ver que ten oito traditori entre as súas ringleiras e a pesar de conseguir a confianza sobre os orzamentos, vai camiño do Colle, camiño do Quirinale, un dos sete famosos outeiros da cidade de Roma, sede da Presidencia da República italiana, agardemos que para presentar a súa demisión. Seica non vai ser trámite feliz para este presidente autoritario, incómodo con certas esencias democráticas. Agora penso eu nas rúas que podería atravesar Berlusconi se decidise ir andando desde Montecitorio ou desde o Palazzo Chigi. Andaría ao longo da Via del Corso durante uns metros entre as xentes que durante este tempo votaron por el, viraría á esquerda para adentrarse polas rúas barrocas, de impronta xesuita, de Roma, para acadar o comezo da costa empinada da Dataria camiño do Colle. Mentres escribo esto, se cadra xa non é presidente do Consiglio e, se cadra, coma un emperador romano traizoado mirará aos tellados de Roma desde o obelisco do Quirinale tras deixar nas mans de Napolitano a súa carta de despedida.
Seguro que non aprezará saber que, tal vez, nese recorrido de derrota, camiñou pola Via dell'Umiltà e que, nun paso angosto e algo escuro, cruzou pola Via delle Vergini, sempre sobre o chan volcánico da cidade eterna.
2 commenti:
Eu creo que poñía eu o punto final ao post e Berlusconi deixaba a carta de despedida a Napolitano. Con prazos (breves), pero marcha. Addio.
Totus quisquis, mesmo onte Merkel e Sarkozy (outro bo paxaro) nunha rolda de prensa, se botou a mofarse crudellment de Berlusconi e das súas procacidades e xestos mussoliniás. Poucos centran os seus dardos nas peculiaridades do pobo italiano que o ademira e que o puxo onde estivo todos estes anos.
Posta un commento