Houbo un tempo, que durou unha vida, no que soñaba que durmía nun hotel de Sorrento, nun cuarto que comunicaba, nos días azuis da primavera, coa plenitude do océano. No cuarto, unha tinta sepia de fanais sobre baías e fondo de volcán. No comedor, iluminado polo fulgor da auga, unha muller entrega seus labios. No cumio que ascende por riba do soño, unha brisa, un velame. No farallón que colma a vista, o resplandor ilumina o tempo.
Nessun commento:
Posta un commento