Caxigalines nella Reguera'l Campizu

4 novembre 2011

HORIZONTE


Un rapaz novísimo, amigo da casa por vía filial, ensina o camiño. Fiz fai esta foto porque lle molan as gafas. Quere ignorar que o importante está nesa ollada agochada que contempla horizontal o ceo de Antibes. "Finito" titula Fiz a foto. Porque a rematou, porque deu con ela, porque así se chama o individuo deitado, porque estudia matemáticas e entende que é o final desexado para unha serie. 
Non o sei nin me importa. Non me vexo eu así, pero certa envexa mínima agora inspira este post, que adico a todos/as os que, bágoas mediante, animan este blog sen eu os/as coñecer.* Bicazos para todos/as. Con lingua, por suposto. 

* Insua: como che vai?; Agrimensor: vino no peirao o martes pola mañán. Ía vostede ledísimo de achegarse ao mar). 

Nessun commento: