Houbo un tempo, que durou unha vida, no que soñaba que durmía nun hotel de Nazaré, nun cuarto que comunicaba, nas tardes ardentes de finais da primavera, co horizonte do océano. No cuarto, láminas de barcas deitadas na area e fotografías en branco e negro dun funicular. No comedor cálido, luminoso, unha muller achega súas mans. Na praia que devolve os recordos, a lúa, a sombra dun cabo. Na praza que agocha o soño, na liña extensa de brancas ondas, o solpor que incendia as noites.
2 commenti:
Quixen soñar eu teu soño, pechei os ollos e puden ver esa liña extensa de brancas ondas co solpor incendiando a noite, fermoso.
Quen non tivo, nalgún momento da súa vida, a vivencia real, non soñada, de ver o solpor incendiando a noite desde a raia que divide o mar e o ceo? Quen non soñou, apertado contra o corpo da parella e as mans collidas, que ese momento duraría sempre?
Mais non durou, non. Porque ao día sempre lle segue a noite, e despois veñen outros días.
Posta un commento