Caxigalines nella Reguera'l Campizu

31 gennaio 2007

POLO LAICISMO RADICAL

Curiosa coincidencia nas portadas dos xornais:
LA RAZÓN: Foto sensacional dun home bañado en sangue que celebra a Ashura.
LA VOZ DE GALICIA: Un párroco denuncia botellón perto dunha capela de Candeán.
ABC: Rouco apela á Constitución contra o laicismo radical.
ATLÁNTICO DIARIO: Foto dunha parella ao lado dun icono: son os responsables da Igrexa Ortodoxa de Teis. Sic: Teis, dependente do Patriarca de Polonia.
Viva o Laicismo Radical.
E menos mal que nas nosas televisións non atopamos coma na RAI en horario de máxima audiencia debates con cardenais oportunamente habillés par Christian Lacroix.

6 commenti:

moucho branco ha detto...

Eu mais que polo laicismo radical estou polo ateísmo hostíl, pero tamén vale...

Anonimo ha detto...

Vale, mesmo anticlerical, que é ben bonito: aínda que o de Hostil...

QBH ha detto...

Recoméndovos http://www.sindioses.org/ atópanse ali fundamentalmente traduccións de autores case sempre que anglosaxones feitas por un grupo de sudamericanos. Son salientables os artigos de Dawkins (polo que sento devoción (ainda que non comparta algúns dos seus postulados evolucionistas) polo seu compromiso científico co ateismo, e os de Randi, probablemente o único mago profesional do mundo comprometido ata as cachas coa racionalidade.

Unha aperta iconoclasta

Anonimo ha detto...

Eu ficaría como dios blasfemando, pero é pouco elegante amén de contraditorio.

Ana Bande ha detto...

Paréceme moi oportuna a análise que fas, arume, das noticias dos xornais....sen dúbida, non estamos polo laicismo, nin moito menos polo ateísmo, que non existiu nunca na historia. Non foron ateos nin os que morreron fritidos nas lareiras da Inquisición, nin Giordano Bruno, por exemplo, nin Servet, nin Galileo...Non estamos polo anticlericalismo porque non estamos por reflexionar, porque a comodidade mental é un requisito sine qua non para ser quen de vivir nunha época de pobreza intelectual inmensa.

Anonimo ha detto...

Levo adherido, dende que teño uso de razón, ao laicismo radical.
Estamos asistindo a un repunte do máis cerril clericalismo. E parte da culpa téñenna tantos progres que de boquiña van de laicos e na práctica casan pola igrexa, bautizan os fillos e fanlles a primeira comunión. A que todos coñecemos a máis de un que fai isto?