Caxigalines nella Reguera'l Campizu

12 aprile 2007

INMIGRACIÓN/EMIGRACIÓN

Hoxe publica EL PAÍS os resultados dunha enquisa sobre a poboación inmigrante en Vigo, Marín, Pontevedra e Vilagarcía. O traballo, do profesor Outes, está feito sobre 197 persoas. Non parece moi representativo, se temos en conta que, segundo afirma o propio diario, hai na actualidade uns 32000 censados e uns 11000 en situación non regularizada. Pero si pode resultar relevante o dato da formación académica de moitos dos que veñen traballar, a agrupación dos mesmos en colectivos por países de procedencia e o interese maioritario que amosan por quedar de forma definitiva no noso país. Pero o máis interesante do traballo (que, ao meu parecer, xustificao, a pesares da súa escasa representatividade) é a denuncia das condicións laborais nas que se atopan estas persoas, en palabras do propio Outes, "non democráticas".
Por outra banda, moitos deles (por non formaren parte do padrón) non poden votar, a pesar de levar vivindo aquí varios anos. Sen embargo, segundo informa hoxe en portada La voz de Galicia, o número de votantes da chamada Galicia exterior ou da diáspora pode aumentar dos 316000 actuais aos 500000 ao incorporarense uns 150000 netos de emigrantes nados fóra do país. Velaí unha contradicción (sen atendermos polo de agora a ese furor viaxeiro dalgunhas autoridades por visitar) que convén pensar de novo.
[Brueghel, detalle de O vó de Ícaro]

4 commenti:

Mario ha detto...

Aínda saía o outro día que certo partido ten un deputado que ademais de chamarse Castelao vive en Buenos Aires. Mira ti porque era. Urxe revisar a lei electoral, tanto polos de fóra como polos de dentro.

torredebabel ha detto...

Concordo coa urxencia dunha revisión seria da lei pero os galegos da diáspora non somos todos iguais. Eu, cando menos, teño a ledicia de non parecerme en nada ao individuo ese do que falades e que leva o apelido que menos tiña que levar.

Anonimo ha detto...

Non teño nin idea de como pode resolverse todo este intrigulis do voto exterior, agora o que penso é que algunha medida de carácter urxente hai que tomar porque a maioría dos cidadán xa parece que damos por descontado que todo é unha montaxe con cheiros a fraude

Anonimo ha detto...

É evidente que este tema escápasenos das mans con demasiada lixeireza. Sen ir máis lonxe, na anterior lexislatura, nunha vila coma Fisterra de apenas 5OOO habitantes o voto emigrante decidíu o goberno municipal. Pero o máis grave non é aínda iso. Cos datos do censo na man, e seguindo co caso de Fisterra, os preto de 15OO electores con dereito a voto na colectividade, de poñérense de acordo nomearían alcalde e teriamos que ir os fisterráns a entrevistarnos co alcalde en Bos Aires. Así está a cousa, nin máis nin menos.
Unha aperta a todos/as