Caxigalines nella Reguera'l Campizu

30 ottobre 2007

AS OITO. QUE PASEN

Non entendo moi ben a mecánica do meme en cuestión, pero, sendo invitación de Besbelliña e tendo en conta que eu nunca entendo ningunha mecánica, procurarei afinar as 8 cousas que se me piden que parece deben constituir a parte máis importante da miña vida. Aló van:

1. A familia, para todos os lados da arbre xenealóxica. As fillas, Sabe, meus pais, meu irmán. Eu que sei. Cando me din ven, lo dejo todo.

2. A literatura, pero a poesía. Ou mellor un poema. Ou mellor un verso. Ou unha verba. Calquera cousa, menos o silencio. No he de callar por más que con el dedo.

3. A música. Tocar un instrumento, esa guitarra a media mañán de domingo, malamente rasgada, coa voz tomada polos churros recén feitos por mín, ollo. So sweetly.

4. O sexo. Que non sei porque poño de cuarto.

5. O cinema. Nada de misticismos de cuarto escuro e silencio absoluto. Unha pantalla, calquera vale. Mesmo esta que teño diante e que agora é a miña compañeira de horas.

6. Viaxes. Cambiar de paisaxes. Ser de moitos sitios a un tempo. Non ser de ningures. Pero desembocar en Italia, en Toscana, perto de Arezzo na val di Chiana. Un día enteiro na auga entre as rochas de santa Margherita Ligure é o máis próximo ao paraíso. Con permiso de Nova Iork en primavera. Vivir como un noble, pero non arruinado, entre las ruinas de mi inteligencia.

7. Os amigos. Non sei por que os vexo sempre arredor dunha enchenta cordiale. Risas a tutiplén. Pero tamén comezo a pensar en todos os que viven neses blogs que visito e que non coñezo. Faiseme extraordinario. E emocionante.

8. Unha noite de estío, baixo as estrelas e o ceo de san Lorenzo, coas oliveiras recortadas no resplandor da lúa. Unha cháchara ebria, sen sentido, tumbados na pouca herba dunha casa en Castiglion Fiorentino.

Son 8, pero podían ser moitas máis. Pero o mellor é pasarlles a bola, sen obrigas, oigan, a Occam, Alicia crece, As uvas na solaina, Alfaias, Bouzafría, Lula Fortune, Fragmentos da Galaxia, Anabande.


10 commenti:

Anonimo ha detto...

Unha rapaza, María,estaba moi namorada de Xosé,que vivía noutro pobo.Como no sabía qué facer pra conseguilo,fóise aconsellar cún sabio que vivía perto,pero éste díxolle que nese tema non a podía axudar có seu saber,que tiña que decidir ela sóa.Ela decidíu ir a declararlle o seu amor a Xosé.Pra chegar onda él,tiña que pasar un río,pagándolle a un barqueiro.Non levaba cartos,e o barqueiro non a quería pasar.Ela tratóu de conmovelo contándolle o importante que era pra ela visitar ó tal Xosé,pero a él non lle importóu.Finalmente,pagóulle cunha sortixa que levaba,e pasóu o río.Xosé quedóu moi sorprendido da declaración de María e,a pesares de decirlle que non a amaba,invitóuna a pasar uns días con él por si "surxía algo".Pasados eses días,díxolle que se marchara prá súa casa.Ela voltóu ó seu pobo,destrozada.Pasado un tempo,lembróu que o irmán de Xosé,Paco,estaba tolo por ela.Sen esperanza,pra non quedarse sóa,visitóuno e ofrecéulle casar con él.Pero él díxolle que xa non a quería por haber estado previamente có seu irmán.

CLASIFICÁI ÁS PERSOAXES,escomenzando polo que mellor vos cae,e rematando polo que peor .Establece a prioridade de certos valores na vosa vida.Logo dígovos cales.

bouzafria ha detto...

Graciñas polo convite, Arumes. Utilizarei os días santos para pensar e logo escribir.

Ana Bande ha detto...

Grazas A2P. Eu igual, voume uns días á capital, e os deberes, coma sempre os deixarei para o último día. Boa e longuíiiiiiiiisima guiken a tutiplé!

Anonimo ha detto...

María= o amor
Xosé= o sexo
O sabio= a sabiduría
O barqueiro= os cartos
Paco= os convencionalismos sociáis.

Según a orde en que os clasificárades,esa é a importancia relativa deses valores nas vosas vidas.
Se os publicades no post,poderemos ver as enormes diferencias de personalidade entre nós.Se lle facedes este test a un grupo de amigos,pode acabar habendo ostias entre eles.

A miña clasificación:

O sabio
María
Xosé
o barqueiro
Paco.

besbe ha detto...

Pois despois de desexar unha vez máis facer unha visita á Toscana polo ben que a retratas, digo que:

Xosé
O Sabio
María
O barqueiro
Paco

(E a que van ás Pontes eses dous individuos? <-lercheo fora de sitio)

Nuca ha detto...

feito o encargo

Marcos Valcárcel López ha detto...

Recibido o convite, amigo Arume. Responderei en canto poida, aínda que creo que, pola miña banda, non vou ser nada orixinal e pouco máis poderei facer que repetir cousas xa ditas.

Anonimo ha detto...

A ver cando nos deleita cantando con esa voz "enchurrada",e rasgueando a súa guitarra,seguro que acústica de 14 trastes á vista.

bouzafria ha detto...

Feita a encomenda.

torredebabel ha detto...

para non entender a mecánica, fixoo vostede estupendamente ben. Ademáis, escolleu unha lista xenerosa na que moitos podemos atoparnos tamén. Apertas!