Caxigalines nella Reguera'l Campizu

8 novembre 2008

LEXICOGRAFÍA OBÁMICA


No discurso de Barack Obama do martes en Chicago, xa como Dux do imperio, sorprendeume atopar repetidas as palabras cynical e cynicism, en ámbolos dous casos cun sentido plenamente negativo, opostas á palabra clave da campaña: hope.
Aparecen unidas nas frases a termos como doubt ou fearful, que parecen representar a rémora e o obstáculo para a victoria. Entre as tres palabras (dúbida, receo e desconfianza) forman o nemigo a bater (como en boa parte da predicación cristiana), porque constitúen o relativismo rexeitable fronte á crenza afirmadora, comprenden a racionalidade dubitativa fronte á fe que estimula e encamiña o triunfo definitivo. Estou nos antípodas de tal consideración, pero recoñezo, malgré moi, a súa eficacia retórica.
Non obstante, o emprego dos termos cynical e cynicism sorprende non só pola súa rechamante repetición. Os traductores do texto prefiren por cynical, escéptico, e por cynicism, escepticismo. Porque moi probablemente as acepcións de cínico en español, alomenos, van moi por outro lado. No DRAE definen cinismo coma "Desvergüenza en el mentir o en la defensa y práctica de acciones o doctrinas vituperables", sen esquecer tamén o seu significado relativo á escola filosófica dos discípulos de Sócrates.
A palabra cínico poucas veces se aplica á terminoloxía política (sería tomado, sen dúbida coma un aldraxe inaceptable), pero comezo a albiscar certos usos (máis inocuos a priori) nese sentido no que o emprega Obama: como adxectivo para xente desilusionada, descrida, desencantada e, se cadra derivado disto, inclinada á oposición ou á destrucción de calquera iniciativa. En última instancia, comezo a escoitar esa mesma voz adicada á xente que vai ao seu, despreocupada da comunidade á que pertence e resolta a vixiar os seus propios intereses. Un óbice, pois, para empresas de alento épico.
Non sei se acabarán por impoñerse estas acepcións na tradición léxica das linguas máis próximas, pero se Obama segue a empregalas con esa determinación acusadora, máis vale que vaiamos incorporando novos significados aos diccionarios.
Segunda redacción, hoxe día 10 de novembro.

13 commenti:

Anonimo ha detto...

¡Chamoume cínico!

Anonimo ha detto...

Eu non lle entendo nada. Ou rebaixamos o nivel ou me borro. Ao lado desto o das Trufas Nanonaina é de risa.
E My Way70, non me sexa susceptible ademais de cínico.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Perdón pola escuridade. Pero engado este exemplo de onte mesmo, un día despois de redactada a miña nota lexicográfica.

"Los cínicos decían que este día nunca llegaría", dijo Obama cuando consiguió la nominación demócrata. También decían que no llegaría a la Presidencia y ha llegado. Esta vieja Europa resabiada, que hasta el último momento ha mantenido la sospecha de racismo sobre el pueblo americano, tendrá que reflexionar. Y preguntarse: ¿tendría posibilidades un Obama de ser elegido en algún país europeo?

Los mismos cínicos dicen ahora que Obama no cambiará nada. Forma parte del guión ideológico de los cínicos arruinar las esperanzas de la gente.

Josep Ramoneda onte.

Anonimo ha detto...

A ver, ¡claro!, é que igual que Obama non é esperanza 100% eu non lles son cínico 100%. E posto a facer preguntas trampa, digo eu que tamén haberá que preguntarse cando lle toca a unha muller presidir os Iuesei, e na rancia (non ó 100%) Europa xa tivemos á Thatcher hai anos (tantos que seica xa está senil e todo), á Brundlant en Noruega, á señora que manda en Alemaña e tal e cual, pero ambas las tres eran das dereitas máis ou menos moderadas.

E bueno, que pido desculpas, que eu non quería arruinarlles a festa, pero se o cinismo molesta na verbena, está claro que vou pró bar. E tamén aproveito para dicir que a música esta que repiten por todas partes está ben, pero cansa e non creo que sexa para tanto, menos mal que hoxe dixeron que dixo que ía revocar algún decreto de Bush; e, iso si, se despois de tanto conto non cambia nada xa cumplirán vostedes a promesa que fixen eu nantronte para o caso de que a cousa cambie moito; iso si, cada un no seu aquel.

E marcho a ciniquear ó bló do lado, que alí son xente seria e puxéronme fóra á primeira palabra fóra do tiesto.

E aviso: non relín a nova redacción do post, extreme lacazaneixon, it's all.

E digo máis.

Anonimo ha detto...

Pois mire, agora si que lle lin a re-redacción do post e comento dúas cousas, a primeira polo da lexicoloxía: se González conseguiu que ata as señoras no mercado dixeran que o prezo do repolo era "demagóxico" Obama pode conseguir, traditores mediante, que digamos o que a el lle pete.

¿E a segunda? Pois que na "verificación de palabra" o seu bló, señor Arumes, ponme "suputs". Confío en que será unha casualidade e non se referirá á miña santa nai (aínda que polos meus comentarios se cadra o mereza)

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Amigo Way70, moito me gusta telo por este bar. Aquí é un cynical friendly pub. O dono tamén o é. Tómelle outra.

Anonimo ha detto...

Sigo sen entender nada, pero iso das mulleres gustoume, está ben pensado. A próxima vez que quiten ao negro doulles con dúas ou tres mulleres.
E dígame de que blog o botaron que mecagoentodo se non vou aló e lles meto uns cantos píxeles por onde lles entren.

Turmano

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Ou estou espeso (que xa non) ou quérenme tomar o pelo.

Anonimo ha detto...

A ver: sobre o tema "principal" do post: reafírmome en que os políticos crean linguaxe a moita maior velocidade que calquera outro profesional e polo tanto deberan ter coidadiño con como falan (recomendo post sobre o asunto en Fragmentos da Galaxia). E tamén digo que é preferible ese directo "cynicism" que usa Obama ás chorradas vacías do tipo "optimismo razonable" que se inventan por aquí. E tirando deste fío, para seguir co tema de fondo e matar ó cínico Way70 direilles que claro que me aleda a victoria do negro (con toda a admiración) porque aínda que non sexa máis que nas formas e nalgunhas libertades, cambio ha de haber. Que nolo digan a nós, aínda que teñamos que seguir queixándonos dende que mandamos o dinosaurio chairego para o seu espacio natural reservado no Sen(t)ado de Madrid.

Foi un pracer, bróders. A ver cando discutimos en directo.

E digo máis.

Anonimo ha detto...

Hostia! Pero se había un tema principal no post! E eu aquí sen enterarme! Esto non pode ser...
Que lle digo, My Way70, que de onde o botaron que lles vou meter ata nas orellas...
E xa de paso, eu xa comecei (qué de súpeto!) a dubidar do Bama, ese: o do can peruano sen pelo e sen dentes deixoume patrás.

Turmano

Anonimo ha detto...

Vanme perdoar a resurrección, tráiolles unha BoaNova:
http://www.elpais.com/articulo
/internacional/Palin/Dios/
ensenara/camino/Casa/Blanca/elpepuint
/20081111elpepuint_11/Tes

É de supoñer que Deus, se mantén a mesma actitude que, poñamos por caso, co problema da fame africana, ha de deixar que a jicha esta morra podrida de frío en Alaska.

Anonimo ha detto...

Ah, Surmano, perdoe: de momento o do can sen pelo ¿ou era sen dentes? semella un rumor instigado polos republicanos.

Anonimo ha detto...

http://www.elpais.com/articulo/internacional/Obama/promete/McCain/Gobierno/sera/bipartidista/elpepuint/20081118elpepiint_4/Tes

¿Qué me din, bróders?