Ando estes días de congreso académico. Canso xa de tantas horas adicadas á organización das ponencias, comunicacións, xantares e ceas de conferencistas. E iso que aínda falta a tarde de hoxe e todo o día de mañán. O peor, con todo, é termar desta caste convidada por méritos da escrita, claro está, que quedan radicalmente desmentidos cos disparates da súa vida máis doméstica. Porque hai que ter un valor, só equivalente á senvergonza que manexan algúns, para aturalos máis do necesario. Avaros por natureza, soberbios por tradición, envexosos dos demáis, golosos cando non pagan, luxuriosos se se tercia a ocasión que sempre, por suposto, buscan, preguiceiros á hora de ver e escoitar aos colegas, e airados cando algún ousa a decirlles co bo gusto do que carecen que o rei vai espido. Son o compendio dos vicios segundo a vella categoría cristián que non sempre ten que ser cumprida. Pero se algún dos que os admiran puidesen contemplalos na intimidade das conversas á hora do xantar ou de cear, quedarían abraiados da altura moral dalgúns tipos: unha auténtica miseria hominis. E perdoen o desafogo.
21 commenti:
Plas plas,Arume.Mágoa que falten nomes propios.¿Por qué non?.¡Caña a quen a mereza!.O sermos excesivamente educados vostede i eu,é o que permite medrar en desvergonza i outros aspectos a impresentables coma eses.
Hostias!!! suscribo o comentario. Faga coma min (post: autobombo imbecil), dea nomes, dea. Se cadra os coñecemos e o escarnio será máis público.
Doutra parte, o seu post indica, cando menos, que o congreso está divertido
De acordo con X.da C. Aplaudiría máis se houbese nomes propios, pero non llo aconsello, non paga a pena porque total ese delicioso costume dos congresos co que se regala a maioría dos popes da universidade non ha desparecer por unha rabieta dun afoutado que non participa na farsa. Por outro lado, xa todos sabemos para que serven esas báquicas reunións, para moitos son a única oportunidade de follar como nas pelis (esto só uns poucos afortunados), comer e viaxar de balde e voltar á casa cunha chea de autoestima para poder sobrevivir por un tempo a rutineira de sempre. Desto falaba un tal Hornby ¿non é?
Benvido a vida, e que seña leve, e contrariamente o que dín os convidados anteriores e millor que non dea nomes xa que non teñen a categoría moral nin para ser acusados
Se eu lle contara ou contase algunhas anécdotas...
Suplícolle,Ana Bande que me explique eso de "...como nas pelis".Pídollo de rodillas.Fágolle o que me pida.
pois eu, non sei se será -confesoo- porque cando ia os congresos nunca follei (nin sequera como nas pelis, temén sinto curiosidade
Non me diga Sr. Arume que vostede non lle vai suplicar a Dona Ana que nos explique eso de que dí D. Xohan da Coba de rodillas como nas pelis
Agora que o penso,a miña dona sempre está de congreso en congreso...Uy,Uy,Uy...
Quedoulle precioso, señor Arumes. Teño que confesar que, logo de piropealo, vou poñerme a buscar no Google congresos sospeitosos de ser este do que vostede fala. Xa ando facendo apostas de nomes, pero concordo cos que din que mellor que non os poña: así o conto é aplicable a moitos máis e seguro que acerta. E agora eu abro un meme deses pero a nivel de post e pregunto a ver en cantos defectos dos que cita nos vemos reflexados os que o lemos: eu conto polo menos catro. :-O
Terei que reciclarme...
Eu,goloso,luxurioso e preguiceiro.Os que producen placer físico inmediato.
Concordo coa opinión de Occam:debe estar divertido. E cando pase o tempo seguro que ri.
mágoa que non os coñezades, porque eu para cada categoría tiña cando menos dez nomes que apuntar. Evidentemente, non é privativo de sitio ningún: todos temos os nosos propios miserables...
Coidado coas promesas XdaC, e cos desexos, Occam, logo hai que cumprir como deus manda...
Imprescindible para congresistas:
"El mundo es un pañuelo" de D.Lodge (non Hornby, sorry).
http://www.gandhi.com.mx/Gandhi/Libros/productDetail.cfm?prodId=14856
Ana, hai xa tempo que lin esa novela de Lodge. É realmente divertida e rin moito con ela. O certo e que relata fráncamente ben o mundiño dos congresos e recoñécense perfectamente os personaxes dos que falaba Arumes.
Por cero que os protagonistas son todos do voso gremio literario...
Non séi quén me dixo que canto mellor sea o "merchandising" que che dan(carpetas,maletís,bolígrafos...),peor é o congreso.
Pois este ha ser boísimo, porque non damos nin as gracias. Boeno, as gracias si, pero non a todos. Máis ben adeus.
Eu estou con Rubén, e engado: vexo que teño cualidades para ser congresista. Se até son de letras! Agardo chamadas.
Hai algunhas variantes sobre o prototipo: o profesor de orixe español, afincado en EE.UU. hai xa non menos de vinte anos, que fala sempre cun ammmm cada vez que pensa, pronuncia os nomes dos ghichos como nunha película doblada en Albuquerque, e pensa que todo o monte alí (as rocky mountains máis ben) é orgasmo, que atan alí os cans con botelo. Este acostuma a permancer entre pensativo e calado para dar a imaxe de persoa interesante e sabia; amosa un leve desleixo polos demáis conferenciantes, nunca á súa altura intelectual (o 20% dos profesores das universidades españolas non serían capaces de traballar nos USA (sic)); e trata de enfatizar (esa palabra, con validar, que tanto lles gusta pronunciar como o colmo da solidez discursiva) a validez universal dos seus asertos e a profunda ignorancia de quen non sigue os seus estudios. Non se da de conta de que se a xente non profundiza nos temas que a el lle apaixoan e que constitúen durante un ano enteiro nos desertos campus de Tucson (Arizona, por suposto) materia para o seu escaso miolo, é porque de tan obvios e tan evidentes a ninguén lle dá por perder o tempo en tales asuntos. Eso sí, pronuncia que nindiola.
Morro de curiosidade. ;)
GEt back! Get back! Get back to where you once belong´d!
Ejem! Sorry.I don´t understand what happens today,"casual friday"...:))
Posta un commento