Pero ao tempo visito eu con moito entusiasmo as miles de páxinas que día a día enriquecen a lingua galega polo internet adiante, ese chamado blogomillo que parece inesgotable. Acostumo deixar comentarios en case todos, con ánimo, en xeral, de abrir novos camiños de discusión ou de discutir abertamente os puntos de vista (ou sexa cum animo belli). Teño que recoñecer que en todos eles, sen excepción, sempre fun ben recibido, mesmo nalgúns onde parecía predominar unha relación moi estreita entre blogueiro e comentaristas e a miña intervención podería considerarse intrusa. Despois de recorrer todos estes meses (case un ano) podo diagnosticar unha saúde de ferro e unha variedade extraordinaria de intereses. Pero convén fíar na roca un pouco máis fino.
Hoxe é día de conmemoración: outro día transcribo a miña diagnose (case) completa.
Fotograma de Il sorpasso (Dino Risi, 1962).
14 commenti:
Parabéns polas súas 250 entradas, moitas mais lle esperan. Aquí ten vostede una blogueira disposta a seguir os seus pasos
Parabéns por chegar á pubertade (refírome ao blog, claro está).
Realmente entusiasma tanto entusiasmo como o que vostede ten. Parabéns por partida dobre, pois.
Ánimo, Belli.
Se lle puidera facer chegar unha botelliña, tería que ser para que siga a ter saúde e tire de nós.
Merque uns camaróns e acompañeos cunha filla boa que no seu día xa llo reembolsarei.
Moita sáude
Se quixeran algunha cousa de Letonia ou Lituania, fagánmo saber co Sr. Arume nos deixa utiliza-la súa casa pra estos menesteres.
Estou a súa disposición tamén Sr. Arume
Noraboa. A verdade é que a súa produción é admirable, en número e en calidade.
"Pero convén fíar na roca un pouco máis fino"..., apúntome a esa reflexión
Comparto con Zerovacas a admiración da súa calidade. Encántame as súas críticas gastronómicas: creo que sería o meu traballo predilecto.
Felicidades.Prepare outra festa pró que faga ó número 256,que tén moito senso,prá xente da informática.
(En xeral,as potencias de dóus:...8,16,32,64,128,256,512...)
Vai vostede como unha moto Sr. Arume, cantidade e calidade van xuntiñas neste seu caderno, ¡venga xa esa cañita!
Felicidades. Muy buena calidad. perdón por expresarme en castellano, mi gallego es lamentable.
Saludos
Moitos parabéns !!
Noraboa, Arumes. Supoño que lle alegra (como a todos nós) cando se enchen de coments os post que con máis ou menos traballiño facemos. Ten razón niso de que ainda que te lean, se non deixan a pegada, parece que as verbas se perden na galaxia, e iso desmoraliza un pouco. Sei de boa tinta que vostede ten moitos seguidores,polo tanto, adiante. Tamén son da opinión do de fiar fino, non fagamos nosa aquela frase de Harvey...Un bico guerreiro.
Súmome ós parabens de todos anonimamente. Siga escribindo...
Parabéns: aquí conta tanto a cantidade como a calidade e vostede axunta ambos eidos, sen dúbida.
Posta un commento