Caxigalines nella Reguera'l Campizu

13 ottobre 2007

BELEZA DE GALICIA


Onte fomos visitar unha das paisaxes máis fermosas de Galicia e, por sermos obxectivos, do mundo: a costa da Vela (escríbese así?: será Dabela ou da Bela), desde Dozón ata o facho de Cabo Home. O tempo de verán, co sol no alto e co mar brilante, esplendoroso, contribuiu a magnificar aquela extraordinaria natureza coas Cíes en frente, pero con case toda a costa galega diante dos nosos ollos desde a Curota e mesmo algúns montes da ría de Muros ata o cabo Silleiro. Acabamos baixo os piñeiros na praia de Melide, coas ondas batendo tranquila pero vigorosamente sobre a area. O insólito do tempo fixo que algúns, espidos por esquecemento do bañador pero tamén polo reclamo deste sol único, bañaran nas xenerosas augas do mar de Vigo xa case unidas ao océano.

Foi día abraiante, fermoso, marabilloso. Mágoa culminalo no restaurante Costa da Vela, amalgama do pior da gastronomía galega que seduce tanto aos foráneos exultantes tras a viaxe a esta fisterra como aos propios encantados de que aínda se conserve un enxebrismo mal entendido. Un local sen rematar, cunha terraza de sillas de plástico e cemento sin pulir, uns baños sen limpar desde a era da última glaciación, un polbo reconvertido cun pouco de aceite, cortado ao bies e brandísimo de cocer no pleistoceno, un suposto arroz de mariscos amazacotado e uns postres da casa (da collona), intragables polo que dictaban aqueles pratos cheos. Do café só decir que foi breve o trago.

Pero, en fin, o importante foi disfrutar desa paisaxe, recoñecida, por certo, por miles de persoas que fixemos daquela pista forestal unha autostrada pragada de coches.
A foto, por suposto, de J. Albertos. Para cando a homenaxe para este artista?

3 commenti:

Peke ha detto...

Mágoa de xantar, pero xa se ve que non pode haber día completo de todo.

Xaime ha detto...

Ten razón Arume, e un dos lugares máis preciosos de Galicia, pero maxino que o visitou por terra.
Trate de velo, si pode, polo mar. Espectacular. Doblar Cabo de Home e unha das sensacións máis inolvidables.

Nuca ha detto...

Concordo co que si Xaime. Eu o fixen cara a Ría de Arousa. Eso sí, en canto doblei o cabo tamén o fixen co lombo para botar todo o almorzo pola boca