Caxigalines nella Reguera'l Campizu

11 ottobre 2007

BOBBY CHARLTON

Hoxe cumpre anos Bobby Charlton. Sempre que vexo a súa estampa no campo de fútbol con aqueles ollos transparentes e saltando de ledicia (a necesaria, non esa euforia histérica dos xogadores de hoxe cando mesmo marcan de penalty) penso na esencia do fútbol. Meu pai adora a Bobby Charlton: significaba a elegancia, a forza, o esforzo nada escatimado. O seu dribbling rapidísimo, coas pernas curtas que se alternaban a moita velocidade, os pases longos dun lado ao outro do campo, a entrega incansable, a camiseta branca arremangada, os calzóns brancos, as medias brancas, o número 9 ás costas. Bobby Charlton foi o primeiro xogador que vin xogar no televisor da miña casa. Téñolle un cariño moi especial, entre outras cousas porque me lembra, coa súa cocorota monda, a meu pai. Un día que meu pai xogara un partido cuns amigos do traballo, moito máis xoves ca el, contra outros doutra empresa nun partido de rivalidade laboral, xogado no desaparecido campo da Ponferradina (hoxe mal chamada Deportiva) El Plantío, alguén berrou desde a bancada cando viu canear a meu pai: Bobby Charlton! Desde aquela meu pai e Bobby Charlton son a mesma persoa. Bicos mil para o gentleman de Old Trafford.

3 commenti:

Fada Branca ha detto...

Eu no son moi afecionada, tesme que perdoar pero descubrichesmo ti. O que si me encantou ler neste post é co agarimo co que falas de Bobby, xa ue che trae bos recordos do teu pai. Moi lindo.

Anonimo ha detto...

Amazing! When I was a little boy, during a match in old Old Trafford, my father came close to us for a corner and a man seatted behind me cried: "Hosties, Gelín el de Pilar!"

Xaime ha detto...

Hay un xogador galego que podía competir con Charlton en elegancia, visión de xogo e toque, que non era nin máis nin menos que D. Luís Suárez.