A mín gustoume: voltaría facelo. Aínda estou a saltar ese valado. Non me gustan esas fiestras, ese corredor. Salto, salto. Só o recordo dos miles de bicos dados no recreo alivian ese pesadelo.
Caxigalines nella Reguera'l Campizu
8 gennaio 2008
O SITIO DO MEU RECREO
Pingas de auga na imaxe que borran, pouco, a memoria. A Academia. Con arquitectura carcelaria e modos autoritarios. Lembro que saltei unha tarde este valado de ferros cos meus compañeiros. Ceibes por un instante. A directora berraba desde o medio do patio, aldraxada por aqueles súbditos que ousaban escapar. Non foi nada: unha parvada. Queriamos ir á festa, pero, sobre todo, queriamos saltar o valado. Así, por vontade absoluta. Unha toleada, ao fin e ao cabo (a filla do cabo, como dicían por alí). Algúns compañeiros, mangallóns, baixaron a cabeza (nunca a levantaron moito) e asinaron culpabeis. Eu, entre eles. Eu, por eles. Que máis ten!
Iscriviti a:
Commenti sul post (Atom)
2 commenti:
Unha valla similar tiñamos nós entre o feminino e masculino, un muro da vergoña que ata fai pouco aínda ficaba de pé.
Se o que tentaban e que non estarámos xuntos o certo e que o rente do alambre estabámos todos, nenos e nenas, rapaces e rapaces, por grupos e por parellas flirteando como sempre.
se cadra, trabúcome pero todos podemos lembrar unha historia destas. Aquí, chámase "ratearse" ao feito de fuxir da escola. Fuxir coma ratos, digo eu que ten que ser a explicación...
Posta un commento