Para Italia, nestes momentos de tribulación, como tantas outras veces.
Pula antica
Espida non é a palabra;
tampouco núa te favorece.
Reflectías –iso si- o mapa
mesto de sorrisos tristes
tan propio de ti.
Non lembro se levabas
algo nos pes,
se cadra un fino fío
de axóuxeres na man
que brilaban ao fulgor
das ruinas de Pula,
con columnas incompletas
e seco mar de algas.
As veces o recordo
con outonos por diante
doe con ferida cega.
1 commento:
Cando lle preguntaron a Marylin Monroe qué se puña pra dormir, respondéu: o meu perfume.
Pode ser entón: nin núa nin espida. Vestida có perfume da tua pel.
Posta un commento