Caxigalines nella Reguera'l Campizu

21 settembre 2008

AVARICIA E CINISMO INTELECTUAL


Tantos anos escoitando eso da economía de mercado, o do non intervencionismo (aínda que xa se sabía que de subvencións tamén viven os empresarios) do Estado, do neoliberalismo a ultranza e resulta que agora necesitan protección, cariño. Agora chaman por papá e por mamá. Non durmen; teñen pesadelos. E piden cantigas de berce, suspensións, provisionais, das reglas que rexen o mercado. Para que poidan conciliar o sono. Tantos másteres con siglas indescifrables en universidades que non existen, tantos estudios en currícula de quitar o hipo nos seus equipos de empresa para rematar pedindo papas, chorando polas esquinas ou mirando por que fiestra poden saltar sen facerse moito sangue. 
Eu xa o temía: eso de ser neoliberal non é tan doado. É máis: os únicos que coñezo son de salón. Os que presumen de traballar sen rede, en competencia dura, minten, teñen a disputa económica suficientemente amañada para non perder nunca. Agora que veñen mal dadas, volven pedir, sen vergonza nin pudor, a rápida intervención do árbitro. 
O máis cínico de todo é escoitarmos a estes gurús (hoxe mesmo o propio Vargas Llosa que ten a neurona economicista dunha soa dirección) decir que o liberalismo extremo non é malo. O que pasa é que o home é perverso, avaro e cede ás tentacións do espíritu. O sistema é perfecto, pero os homes non. A moral derrota a economía. Así voltamos ao comezo do mundo, á narración fantástica do edén e, sobre todo, a de Caín e Abel: un dos lugares predilectos da doctrina neoliberal. 

5 commenti:

Anonimo ha detto...

Ten moita razón, Arumes. Os pactos por un non-control e polos simples reaxustes entre pares no marco da economía norteamericana están fundamentados nunha voracidade empresarial irresponsábel e no curtopracismo do sistema financeiro. E o peor do asunto é que nada se sabe sobre o que realmente está a pasar na trastenda dese sistema, alí onde todo se coce, e non precisamente con luz e taquígrafos. Pode calcularse que só o rescate de AIG equivalla a dúas anualidades dos gastos de persoal da administración central española. O total do que vai gastar en prazo inmediato a administración Bush corresponde ao presuposto anual do Pentágono. É evidente que alí saben que o que periga non é un nin quince bancos senón a totalidade do sistema. Outro mérito máis de todo iso (sistema de valores, crimes de guerra, tortura institucionalizada, desinformación como programa...) que con repulsión indisimulábel apelamos co nome de W.

Anonimo ha detto...

Os "media" falan da crise económica en abstracto, pero habería que facer unhas puntualizacionciñas.

1.- Os que verdadeiramente estamos a sufrir a crise, os que verdadeiramente podemos falar dela con coñecemento de causa, somos os currantes "no fijos-discontinuos". Estamos a sufrir o paro, a redución de contratos, o aumento de prezos, a suba das hipotecas. Vargas Llosa e todos os demáis ben mantidos opinadores sagaces dos xornais "me la sudan".

2.- Os bancos, aseguradoras e os empresarios da construción gañaron pasta de abondo estes anos para se poder permitir esta crise. Que lles aproveite.

3.- Eu xa non creo nos políticos. Os políticos nunca sofren as crises. Os políticos son uns señores que están uns anos trincando de lo lindo e logo retíranse a ocupar un posto nunha empresa privada, ou retornan ao choio "fijo-contínuo" da administración. Tanto dá o que fixeran coma políticos, que nunca ningunha lei os levará a xuízo polas falcatruadas que fixeron como cargos electos.

4.- O goberniño este autoanémico que temos, coas súas máis que cativas atribucións, non pode facer nada para remediar a crise. Nin aínda que quixera ou soubera. O outro goberno, o entrañable-simpático-optimista-guay de la memoria histórica nin se decatou do que ía pasar. Pero claro: eles non se xogan nada! Hoxe un carguiño en Madrid, mañá outro en Bruxelas, e pasado mañá un cómodo retiro na Xuntita ou na universidade, cun par de bolseiros trepas que lles dean as clases. Gustaríame velos lidiar co día a día de poder chegar a fin de mes. Carallo se se enteirarían do que é a crise!

Anonimo ha detto...

Eu na mentira do neoliberalismo non vou entrar porque é máis que evidente: fede.
Tamén é evidente que os expertos non teñen nin puta idea, pero préstame máis que o do neoliberalismo. Non son só os gurús da economía: pasa coa informática, cos do viño (algo lin hoxe, moi divertido), con Steiner. Eu penso que ao igual que con esta crise se está a poñer en dúbida o sistema económico, tamén poderíamos empezar a rematar coa idea mesma de experto, de sabio, de coñecedor: non teñen nin puta idea. Uns son uns embaucadores, outros uns apostadores, os máis charlatáns de feira e videntes. Temos que comezar a pensar por nós mesmos e a pasar do que digan os que supostamente saben. Porque saben o mesmo ca nós: nada.

Marcos Andión ha detto...

Turmano, creo que no es correcto decir que los "expertos" no saben nada. Saben, por ejemplo, que nosotros no sabemos; y viven de eso.
Un tal Merrywether creó, en 1994, el "Fondo de inversión" definitivo, partiendo de un capital de 1.000 millones de dólares; se hizo con los "servicios" de media docena de los más prestigiosos economistas del mundo (dos serían galardonados con el Premio Nobel tres años después) y al cabo de cinco años había conseguido deber 100.000 millones de dólares a base de pedir préstamos para seguir invirtiendo en invertir. La caída de la Long Term Capital Management (LTCM) provocó una crisis financiera como la actual y también hubo de intervenir el Estado que había permitido la brutal especulación que arruinó a muchos.
Parece que ni con expertos ni sin ellos tienen nuestros males remedio. Ya ves que aquellos aventureros se alzaron con el Nobel, dos años después se demostró su fracaso y, a pesar de todo, hoy volvemos a las andadas.
Y es que aún hay quienes se creen que sólo Adam Smith es Dios y Milton Friedman su profeta.
En todo caso, estoy de acuerdo en que para esos "expertos", mejor la cagamos solos.
¡Salud! (que esa sí nos la cuidan para que podamos seguir produciendo, compitiendo, agrediéndonos y llenándoles el bolsillo).

Anonimo ha detto...

OK, Marcos e gracias polo exemplo de "expertos" que descoñecía.
Agora a cuestión é: os expertos non teñen nin puta idea, acaban de mandar á economía capitalista ao carallo (segundo din os propios neoliberais), pero a prensa sigue a pedir aos expertos (outros, pero iguais) que expliquen o que pasa e a xente sigue a escoitalos na radio e na tele: qué nos pasa? Somos gilipollas perdidos? Qué máis necesitamos para ver que non teñen npi?