Caxigalines nella Reguera'l Campizu

14 ottobre 2008

BARES DE VIGO: A ALDEANA


O meu amigo Antonio recomendoume a tortilla do Aldeana, un bar modesto da rúa Rosalía de Castro. Desde que pecharan a Lucense, paraíso de churros a primeira hora e de tortilla a iso das dez da mañá co local enteiro cheirando a cebola rustrida, o amigo Antonio camiñaba como alma en pena na percura doutro edén. O outro día avisou deste local. Probeino o venres a media mañán, nesa hora fantástica da cidade, co trafego inigualable desas horas. A proba non estivo mal, pero dame a impresión de que o meu amigo ven demasiado famento das súas longas brazadas na piscina. 

Foto: o labirinto de casas derrubado para facer a rúa, non estrictamente legal, de Rosalía de Castro. 

1 commento:

Nuca ha detto...

ruta gastronómica xa de mañán? pero cando traballa vostede?