Caxigalines nella Reguera'l Campizu

1 ottobre 2008

CRISE


Caixanova fornece Galicia 25. Ignoro a calidade da mostra, porque non puiden vela entre tanto boato. Pero estou seriamente preocupado. Non sei como vai rematar todo esto. Se onte comezaba a tremer polo futuro, diante das pésimas noticias bancarias procedentes do dauyons, do indiceniquei e da bolsa de shanghai, hoxe certifico a debacle do mundo das finanzas. Caixanova non foi quen de subministrar convenientes doses de viños e cervexas (había superávit de fantas) nin de cebar con suficientes pinchos (dun tamaño, por certo, minguante: o Molino, cunha política de recortes no follaldre*) á cultura e intelectualidade galegas. A restricción foi tan notable que mañán mesmo a primeira hora acudo á sucursal máis próxima a retirar os meus cartos. Esto cheira moi mal. 

Nota philologica: follaldre ou masa follada ou, propoño, masa foliada, para evitarmos, en fin. Gracias a Normativeman pola súa suxestión ou suxerencia.
Na foto a lata de bonito Dorita (da amiga María de Palmeira) que tiven que jalar nada máis chegar a casa.

5 commenti:

Anonimo ha detto...

Iso pásalle por ir a saraos desa caste ;)

Anonimo ha detto...

A crise... Já nem aos intelectuais respectam!

Anonimo ha detto...

Esta claro que isto é a devacle dos xéneros clásicos.

Anonimo ha detto...

Ata aquí chegamos...

Unha corrección: dise "masa follada". Si, eu tamén o penso, pero é así.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Xa tivemos debate sobre este asunto nas uvas na solaina. Se puxen follaldre foi con criterio conservador. Pode ser un españolismo, cousa que en si mesmo tampouco é malo. "Masa follada", cousa que eu nunca escoitei na Galiza, pode ser lusismo o que evidentemente tampouco non é malo e mesmo preferible.
Voulle facer nota ao texto.