Caxigalines nella Reguera'l Campizu

7 ottobre 2008

O LIBRO, ESA ESPECIE EN EXTINCIÓN


Leo estas declaracións de Chartier no blog de Millán sobre o futuro dos libros. Coincide ao mesmo tempo cunha pequena enquisa, espontánea e pouco rigorosa, realizada onte entre os meus alumnos. Procuraba eu información sobre a cantidade de libros comprados polos trinta estudantes que aínda conservo, procedentes de varios lugares do mundo: sete de aquí cerca, pero tamén de Lovaina, Lorient, Londres, Postdam, Verona, Virxinia. Máis de dez libros comprados ao ano, só dúas persoas. Entre cinco e dez, catro máis. Entre un e cinco a maioría. Non me atrevín a preguntar cantos non compraban libros porque xa vin que alomenos unhas dez persoas quedaban sen levantar o brazo nas anteriores preguntas. Errara a pregunta. Cambieina por cántas novelas, textos ou obras de ficción lían ao ano: as cifras aumentaron considerablemente. Interroguei a causa desta diferencia: intercambiámolos (un par deles), pedímolos ás bibliotecas (unha boa parte), lémolos ou baixámolos no e do ordenador (os máis). Preguntei tamén polo número de películas: a cantidade multiplicouse de forma abismal. Máis de 50 películas vían ao ano por media.

Sen entrarmos obviamente nin en calidades nin en títulos, o certo é que a foto que puiden tirar onte ás 7 e media da tarde en pleno lusco fusco de outono foi que o libro, ese oscuro obxecto de desexo, vai tendo as horas moi contadas. E para min, sen apocalipses de ningún xénero.

10 commenti:

Anonimo ha detto...

A enquisa carece de rigor e de veracidade. Onde lle din que compran 10, poña 5 e onde din 5 poña un ou ningún (que son as veces que fun eu a NI, aprox.). Son uns mentireiros.
Pelis ven, a mazo. Cada un deles podía estar baixando da rede 5 ou 6 mentres vostede falaba con eles. Coido que 50 pelis son un número moi prudente. Tamén hai que ter en conta que ven a mesma peli, se lles gusta, 5 ou 6 veces seguidas ou case. Se é unha triloxía, que é o que lles gusta, calcule.
Tamén van ao cine. Son os que van ao cine, en realidade. Pero iso si: van a escojonarse. Se non se escojonan, non van: Baixanas e venas no ordenata.
Ven moitas series de TV, pero tamén as baixan, non esperan a que saian na TV. Non conciben agardar ao martes para ver o seguinte episodio. Venas subtituladas, se chega o caso. Despois, cando saen dobradas, vólvenas ver.
O libro vai desaparecer. É un feito. Non é competencia para o ordenata e as súas posibilidades. Pongan como se pongan. Miren para vostedes mesmos: están aquí lendo gilipolleces en vez de estar lendo a Stendhal ou como quera que se diga. Por qué? Porque o ecrán (que diría arume) é moito ecrán. A que si?

Anonimo ha detto...

No vrao entrei nunha biblioteca dunha vila galega do interior para (recoñézoo) facer unha consulta en internet.

Había en toda a biblioteca catro rapaces. Os catro, consultando internet. Polo que puiden ver dos dous máis próximos a min, un xogaba e outro vía fotos de "tías en pelotas", como diciamos hai uns anos (e creo que aínda se di). Disimuladamente, eso si. Cando pasaba o bibliotecario (?!), cambiaba de páxina.

Ninguén folleando un xornal ou abrindo un deses magníficos libros en galaico subvencionados pola Xunta.

Ana Bande ha detto...

Este debate existe dende a invención mesmo da imprenta (a nosa, non falo do extraordinario e descoñecido mundo da "ediciónn" oriental), mais sempre gosto de participar. Mire Arume, dende o recuncho bibliotecario no que traballo pódolle máis que dar a razón, vostede ben o sabe. Un alumno (o do usuario déixoo para os que gañan cartos por empregar a neolingua esa á que xogan os deseñadores de programas de salvamento para economías en ruína), algún profesor, moi poucos, e algún cidadán medio despistado que ven pedir libros. A biblioteca de Alexandría queda pequena ao carón da nosa rica biblioteca da facultade. E aínda así hai que seguir cun reglamento de préstamo que semella copiado da biblioteca medieval de Eco. Tres libros por persoa, un día de sanción por cada día de retraso, trinta libros se és doctorando e préstamo ilimitado (¡¡¡por fin!!!) se és profesor. Cando ven un alumno de Francia por exemplo e me conta que ten préstamo ilimitado só por se alumno comprendo moito do noso atraso. Vostede que ten voz e voto nesas comisións ande, ande e haber se troca este miserento estado de cousas. Eu non digo de agasallar os libros pero...¿que miseria e esta de non emprestalos e telos aí todo o santo día colgados nos anaqueis? Facilitemos as cousas aos rariños que aínda queren facer un posgrao deses e deixémoslles levar tódolos libros que queira oh!

Anonimo ha detto...

E queren poñer unha biblioteca no Gaiás.

Anonimo ha detto...

Os Gaiaseiros aínda conciben as bibliotecas coma depósito de libros. Cren que os "usuarios" se van desprazar a aquelas outuras en horario de oficina para facer/renovar os empréstimos e tal. Supoño que encherán os ocos cos libros que eles mesmos (os de antes e os de agora) lles editaron aos seus amigos durante todos estes anos.

MODE IRONIC = ON
Estas son as xeniais ideas da Consellería de Cultura que temos (teñen).
MODE IRONIC = OFF

Mentres, a Biblioteca Nacional de Cataluña (sita no centro de Barcelona) está a dixitalizar todos os libros editados en Cataluña que non teñen dereitos de autor, grazas a un convenio con Google Books.

Ana Bande ha detto...

Gaiás, gaiás...teño que conterme para non escribir o escatolóxico ripio. Si, pero Cataluña é outra cousa. Din que non saben como encher a Cidade da Cultura, pois non vou dar eu ideas, porque seica se está montando un chiringuito...comentáronme...non sei. Parece que de profesionais ná de ná, que van contratar becarios ou amijos dos amijos...eu non me creo nada, dixen, sabendo quen dirixe o arquivo, teño esperanzas de que funcione algo por alí. Dende logo, traballo non faltaría para facer pero....non vou dar ideas que seica hai que poñelas en venda. En fin, a calar e en procesión.

Anonimo ha detto...

Xusto o que eu pensaba que debían facer: a dixitalización de todos os fondos de bugalicia.

Anonimo ha detto...

Ya están los del no. Cuando revienten las térmicas y las hidroeléctricas y a la condesa de Fenosa se le dé por cambiar de ramo hablaremos de ecranes y/o libros. Cenizos.

Anonimo ha detto...

Efectivamente: iso é o que tiñan que facer as Fenosas (agora Fenostras), as Zaras e xa non digamos as Caixas galegas: investir en promocionar entre os galegos o acceso á cultura (índices de lectura e acceso a Internet máis baixos do estado), no canto de crear ducias museus (agora "contenedores culturales") en edificios moi chulos, moi visibles, moi promocionables da marca empresarial, pero totalente valeiros de contido a meirande parte do ano.

Anonimo ha detto...

Este é o conto...
http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Internet/cambia/forma/leer/pensar/elpeputec/20081010elpepisoc_1/Tes