Caxigalines nella Reguera'l Campizu

14 ottobre 2008

VIRXILIAR


Espíritu crítico. Ausencia de prexuízos. Dúbida epistemolóxica. Principios e finais de incertidume. Firmeza na fraxilidade. Van pensar que perdemos. Perder autoridade. Cando foi que a tivemos? Deixarlles o embolado. Aí tedes. Amañádevos. Sempre escuros na noite soa.  

7 commenti:

Anonimo ha detto...

Cando se capa non se asubía, amigo Arume.
Queda un rodando inquieto nos pronomes. E vostede non tira case nunca do desafogo. So lle lembro unha desas.
Problemas na última reunión da comunidade de veciños? Cabreo con FENOSA pola movida da nova tarificación 3.0.1? Tirapuxas profesionais? Desaxustes no Celta?

Anonimo ha detto...

Non vaia pensar. As clases. Van collendo un rumbo moi interesante. Non precisan tanta información: está a man. Entón decido declarar a miña incerteza e convídoos a sometelo todo a dúbidas. Pero todo. Ata o que parecía máis seguro. E agora dame a impresión de que os confundo. Pero non. Vexo que é só o principio.

Deixo os desafogos para o ególatra síndaco ubicuo.

Anonimo ha detto...

E Wilder por que?
Pensei en The Major and the Minor, pero xa vexo que non.

Anonimo ha detto...

The majorettes and the minorettes que lles dean (martin).

Anonimo ha detto...

Ibant obscuri sola sub nocte per umbram
perque domos Ditis vacuas et inania regna
quale per incertam lunam sub luce maligna
est eiter in silvis, ubi caelum condidit umbra
Juppiter, et rebus nox abstulit atra colorem

Anonimo ha detto...

Ah, pensaba que….

Lula Fortune ha detto...

Eu quero fumar deso que fumastedes vos...