Estes fríos propios do inverno, neste caso acompañados de lixeira nortada, reconfortan. A luminosidade, abraiante, impide o desánimo e o azul do ceo promete xa a primavera. Onte miramos moverense as mimoseiras ao lado da autoestrada e tamén as pequenas flores amarelas debaixo das viñas camiño de Cambados. Os vimbios espidos semellan, dourados na ribeira do Umia, anunciar mudanza, mentres as mans recobran por un instante a calor perdida.
A lembranza das pequenas apocalipses pode agardar. Hai que lle botar algo máis de madeira ao lume e comprobar que o syrah, as tripas e o biscoito de piña non minten.
Ilustración: Pedro Teixeira, 1634.
Nessun commento:
Posta un commento