O contador/a de visitas proporciona unha información non sei se axustada á realidade. O certo é que durante a fin de semana baixa considerablemente a afluencia de público, digamos que á metade. Agora ben, non me pidan a min explicacións sociolóxicas de por que a xente consulta ou mira blogs con maior atención durante os días non feirados. Eu teño a miña idea ao respecto, pero non sei se dicila. Pero ten que ver coa compensación dos cinco sentidos.
Ao mellor a vindeira semana: cando resolva por que compran as universidades e outras institucións diccionarios de ciencias ocultas, de personaxes conquenses, homeopáticos de urxencia ou de termos éticos baixo auspicio navarro do Verbo divino.
1 commento:
"O lugar de traballo é un lugar moi axeitado para levar a contraria"
Justin Delayed, sociópata do Niullol Jéral Tribiun.
Posta un commento