Caxigalines nella Reguera'l Campizu

20 gennaio 2011

AGUSTÍN E AS ASTURIAS


Non sei por que mentres pasaba a fregoa (ou fregón, non sei: do mesmo xeito que dicimos ordenador e non tanto ordenadora) pola cociña chegou á miña memoria minguante este marabilloso exemplo de fachendosa fidalguía asturiana.
Antes que Dios fuese Dios,
y los peñascos, peñascos,
los Quirós eran Quirós
y los Velascos, Velascos.
Se cadra foi porque vin o outro día a don Agustín, na nosa peixería de cabeceira, e alí me contou que polas súas tamén asturiaspatriasqueridas pasou case 8 anos da súa vida con episodios ben fermosos, lembranzas proustianas en forma de sidra e bocadillos de anchoas, que algún día terá que contar para pracer de todo o mundo.

Ilustración: a Escalerona, a escaleira número 4, onde hai que quedar sempre, amigo Agustín, na foto o día da inauguración, en 1934.

1 commento:

erre erre ha detto...

Precisamente, mire que casualidade, estaba agora pensando nese señor e no seu "Valados"...

Así dá gusto mercar peixe. Había de estar eu máis fraco se soubese desa peixería e me caese máis a pé.

Por certo, eu tamén vivín en Asturias, pero só dous anos. Nótase. ;-)