Caxigalines nella Reguera'l Campizu

20 gennaio 2011

PANTALÓN BRANCO

Estaba dubidando hoxe en poñer ou non pantalón branco. Aconsellan os blogs de Elle, onde traballa exitosamente a miña querida Paula, que convén non misturar prendas propias de estación. Pero esta advertencia colide (colisiona tamén, xa) coa idea do cambio climático e con ise outro grandísimo concepto fashional do fundo de armario (almario tamén). E eu sempre teño no fundo do (de tamén) armario un pantalón branco, polo que poda pasar. Sempre.
Xa sei que pode un rematar en David Niven ou no mellor dos casos en David Hemmings con Vanessa Redgrave, sempre que o curto dos baixos non deveña (derive en tamén) en pinocchietto. Pero un sempre ten a sensación con esta prenda de que a primavera, se non está nin na rúa nin no corte inglés, alomenos xa cubre coa súa loneta branca as partes baixas do meu corpo.
E unha primavera nas pernas e contorni, coa prestancia dun gentleman en Capri, e xa primavera. Madialeva.

5 commenti:

TUrmano ha detto...

Esquece vostede a Engelbert Humperdin

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Estiven un ano a piques de ir velo ao casino de Póvoa de Varzim. É a miña asignatura pendente.

Turmano ha detto...

Humperdinck, é Humperdinck, Engelbert Humperdinck. Perdón.
http://www.youtube.com/watch?v=6S9ecXWCBCc&feature=related
(Por favor, atención ao primeiro comentario)

Turmano ha detto...

Perdón pola insistencia, pero esto era o que eu buscaba. Un pantalón branco. U-lo paquete?

http://www.youtube.com/watch?v=H2SZXj5-or0&playnext=1&list=PLBD8496CC14AAC1C0&index=1

Anonimo ha detto...

Saiba que as súas alumnas adoramos eses pantalóns brancos. Ningún outro profesor é quen de levar eses pantalóns coma vostede =)