No primeiro ano deste blog fixen declaración de amor incondicional a Antony and the Johnsons. Hoxe toca outro António, este Zambujo e alentejano de Beja que, cunha camisa vaqueira e ollos de auga, ofrécese na portada do seu disco Guia para pracer único. Levo case un mes escoitando a este home cunha voz deliciosa na pequena vibración con que apenas alardea a frase, e cun feixe de cancións inigualables. Afeitos a escoitar discos nos que destacan dúas ou tres cancións, resulta significativamente estraño que o Guia enteiro, con fados, si, e belas mornas, pero tamén con pequenas alfaias como a Toada alentejana sustentada na súa voz ou con pezas satíricas de corte entre bossanovista e cabareteiro coma Readers Digest, sexa unha completa marabilla.
Procurei a terra firme
Em cada onda que subia;
O sol cegava meus olhos;
Toda a noite eu te perdia;
Lá dentro no pensamento
Virou tudo nostalgia:
Água, sal e sofrimento
Porque tu não me querias mais,
Tu não me querias mais.
1 commento:
Agradecido pola descoberta! É un pracer escoitar o António.
Posta un commento