Caxigalines nella Reguera'l Campizu

28 gennaio 2011

CELEBRACIÓNS


Celebran as escolas hoxe o día da paz e a que está situada a carón da miña casa afina os instrumentos megafónicos para o momento. E, coma sempre, teñen o bó costume de probar con grandes éxitos da música actual. Levo xa unha ración de Patito feo, unha versión en gaitas escocesas (ou duchas, que para o caso é o mesmo) do Himno da ledicia (aquí transmutado no da tortura) e do very very extended mix (porque aínda segue) de Tu vuo' fa' l'americano máis ca suculenta. Hai anos tocou paquito el chocolatero e a bomba de king áfrica.
A universidade celebra ao santo da Summa Theologica: non sei que será pior.


Nessun commento: