Caxigalines nella Reguera'l Campizu

13 gennaio 2011

(ca)GAIÁS


Xa está feito e comeza a ser propagado o relato da Cidade da Cultura que hai, que temos, que ler.

Non se debeu facer nunca, pero, xa que se fixo, fagámola nosa entre todos/as. Admítense variantes intermedias, segundo veciñanza política, xeográfica ou familiar á construcción, de "puidose facer mellor” ou de “peor non se puido facer". A fábula pode presentar explícita (non é necesaria pero convén sempre construir liñas maginot) a magnánima moralexa/moralina de que o que protestou antes estivo á altura crítica esperable en todo pensador contemporáneo (malia non ser atendida a súa censura) e o que o fai agora incorre en delirio e deslealdade, non sei se con isa orde.

“Pasemos páxina” ou “deamos ao esquecemento” non está mal como título. Algúns xornais de Rawalpindi comezan hoxe a facer este obediente mutis polo forro. De hemerotecas bien pagás están os arquivos cheos.

1 commento:

Ana Bande ha detto...

como bibliotecaria estrafalaria opino que só se fará un pouco de xustiza con este despropósito cando se reconvirta en un xeriátrico da Xunta....e iso, e prontito por favor, que sexa antes de que nos permitan xubilarnos antes dos 85...¡bicazo e parabéns pola continuidade! ¡móllese señor arume, mó.lle.se.! (otia, palabra de paso CONDO, cajoentó, xa me pillaron nas pavías outra vez!