![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEho7KlivZgn_JCLwlTX4o-z9HP9dgwVGWEcDSYoqYCZ_2T09uZEsG3XIQ-w2a14kJvjNjGDf0ek2-qoQA8MjeD_td3qG_V6yfYcZTcxWliHltkPaqv_ARUjNRUDUhyphenhyphenrdySR3mwY1zg7JRo/s400/Foto+422.jpg)
Creo que vou pechar unha tempada o muro de facebook. Vou adicarme a este recuncho algo máis íntimo e sen moito balbordo. Escribir con certo tempo, a cambio de aumentar as doses. Se non fose pola preguiza que me dá entrar no blog (poñer o correo e o contrasinal e atopar ilustración e título, redondear o texto), tería entrado moitas máis veces. Procurarei evitar ese pequeno atranco. E quedarme aquí todo o tempo. Mirando qué sucede.
Antony and the Johnsons no móbil, agardando que haxa alguén, dá agora mesmo o sinal de partida.
6 commenti:
Boa decisión, señor Arumes. O blog ten máis vontade de permanencia. E sempre estaremos algúns nesta banda para gozar dos seus textos.
Outro que queda a ler por aquí...
Si moi bonito, métenos o demo no corpo e agora santigüase
No feisbu ultimamente facía demasiado frío. Estaba pechando demasiadas fiestras.
Ademais esto ten a gracia do anonimato/seudonimato.
Siento mucho que haya dejado el facebook y confío en que su ausencia no se prolongue mucho. Es cierto que el blog tiene el encanto del anonimato, pero el facebook tiene el encanto de la inmediatez -poco valorada, es cierto-.
Desde la playa esperaremos el deseado regreso.
Posta un commento