Hai un tempo contei cantas palabras da letra a do diccionario da real academia española procedían da autoridade de Quevedo. Contei exactamente 642, incluidas as expresións do tipo en angarillas o conciencia ancha. De entre tantas, o que dá unha mostra do que significa Quevedo para a lingua española, ao lado do Migueliño cervantino, as que teñen o verbo andar como preámbulo. O curioso deste asunto ambulante é que a definición que hoxe vemos no DRAE deriva precisamente do contexto que Quevedo mostrou no seu enxeñoso Cuento de cuentos, onde constrúe un relato a base exclusiva de refráns e modismos. Para que esta noite, miñas donas, meus señores, andemos a la flor del berro.
1. andar a la arrebatiña |
2. andar a la flor del berro |
3. andar al estricote |
4. andar al pelo, a pescuezo.. |
5. andar con mosca |
6. andar de capa caida |
7. andar de zeca en meca |
8. andar la barba sobre el hombro |
9. andar pie con bola |
10. andarse por las ramas |
11. andar templando gaitas |
2 commenti:
¿Onde podemos ler o "Cuento de cuentos", señor Arumes?
Hai edición magnífica nos volumes de Obra completa que quitou Castalia, a cargo do colega Azaustre, que sabe e que traballou o que non está nos escritos nesta obra. Quedou (case) finiquitada. E para entendela resulta fundamental, porque é de lectura dificilísima sen axuda de anotador filólogo competente. De máximo rigor. Nueva Biblioteca de Erudición y Crítica: Obras completas en Prosa. Volumen II, Tomo I: Obras burlescas.
Agora ben: se o que quere é ler o texto: pode facelo aquí: http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/cuento-de-cuentos--0/html/
Póñoo noutro post para que poda acceder directamente. E así aproveito para falare da Biblioteca Virtual Cervantes.
Posta un commento