Tomo tres pasaxes de Viaje con Clara por Alemania, a novela de Fernando Aramburu:
1. Narrador en primeira persoa: "No pienso privarme del gozo de evocar con abundancia de detalles las impresiones de aquella aventura estupenda, ya que hoy tengo bastante tiempo para llenar páginas" (p. 204).2. Narrador en diálogo con Clara: "En lo que afecta a tu libro, no existe más espectáculo ni más realidad que tu destreza con el lenguaje y tu punto de vista. De ti depende transformar una señal de tráfico en motivo de unas líneas apasionantes" (p. 307).3. Clara, en conversa co narrador protagonista: "Sí, ratoncito, pero las dos cosas no pueden alcanzarse a la vez. O ensalzas o ridiculizas. Y da la casualidad de que hoy me he levantado con el pie poético, no con el cómico, que es el primero con el que pisas tú el suelo todas las mañanas. Se diría que no tienes otro" (p. 316).4. Narrador, en plena acción metanarrativa: "No preví las consecuencias de revelarle a mi hermano que con el propósito de que no se me oxidara la lengua materna, puesto que no hay nadie a mi lado que la hable, llevo un tiempo evocando por escrito el viaje aquel que hice con mi mujer por el norte de Alemania, sobre el cual él recibió de mí en su día alguna información. Le entró curiosidad y yo no recelé. Total, que leídos los capítulos con pupila de editor, esta mañana me ha hecho saber que, aunque abunda en ellos la cháchara confidencial, los da por válidos. En líneas generales le han parecido divertidos, incluso se le ha soltado la carcajada en varias ocasiones durante la lectura, de donde deduzco yo que considera ridícula mi vida privada" (p. 369).
Empezo por asumir plenamente as consideracións do irmán do narrador sobre o texto que constitúe a propia novela. É descarallante moitas veces (había moito tempo que non o facía cunha novela, case desde os tempos en que me caían as bágoas de risa con La vida exagerada de Martín Romaña, con quen mantén algunha afinidade): é divertida en xeral, aínda que con irregularidades moi notables: non se pode ser gracioso todo o tempo sen resultar ás veces demasiado predecible ou repetitivo cos recursos; é, en efecto, unha "cháchara confidencial", capaz de facer apasionante (en boa parte do libro, non sempre nin moito menos) o encontro cun simple sinal de tráfico. Abundan as descripcións ao meu xuízo innecesarias, as reviravoltas algo impertinentes sobre algunha escena, só xustificadas para a ocorrencia en ocasións, en efecto, chistosa e hilarante, ou en todo caso para o exercicio de re-creación duns feitos con perspectiva sostidamente irónica.
A consideración que ten Clara, unha escritora alemana de certo éxito á que lle encargan unha guía de viaxes por Alemania, do carácter do seu marido, o narrador en primeira persoa da novela, explica a tonalidade do libro: o pe cómico, próximo en moitos casos ao satírico e case sempre burlesco, das peripecias e da súa propia vida. Somete todos os sucesos (que non chegan a tal categoría porque son case insignificantes) a unha ollada ridiculizadora, hiperbólica, tanto no retrato caricaturesco de certos personaxes coma na compracencia autodegradatoria do seu mesmo personaxe, construído a base de contrastes (ás veces tópicos ou deliberadamente tópicos para suscitar a risa) coa figura algo máis severa, disciplinada e rigorosa da súa muller. As miudenzas da súa intimidade (onde non falta a escatoloxía íntima: moi lograda a descripción dos olores corporais da súa muller ao longo do día) engaden a esa ollada demoledora sobre as situacións que vive -sempre no límite do grotesco en moitos casos (magnífico o capítulo plenamente satírico dedicado aos amigos ecoloxistas), cando non no absurdo (a relación con Kevin, o sobriño autista de Clara)- a nota permanente de comicidade total, esa pegada cómica sobre todo o que mira.
As cousas que suceden son banais, insulsas, sen especial interese. Porén, o narrador consegue elevalas á categoría poética pola vía da linguaxe (un rico repertorio léxico e unha sintaxe variada e en ocasións especialmente culta, con participios absolutos, oracións subordinadas complexas resoltas con admirable harmonía ou fórmulas algo arcaicas coma o como + subxuntivo que sempre se agradecen), do dominio constante da ironía, ilustrada de forma parcial cunha tendencia á ridiculización burlesca. O relato carece ademais dun orde compositivo pechado (non é ningún defecto, ollo) e camiña, como toda estructura episódica, como suma de peripecias, case todas anodinas. Deste xeito, a función do punto de vista do narrador é fundamental. Nel recae toda a importancia do relato, na súa capacidade de narrar o que mira ao seu redor. A primeira cita que incorporei a este texto é reveladora: poucas veces nunha novela se explicita con tanta elocuencia o poder omnímodo do narrador para construir o relato. O narrador ten tempo bastante para non privarse (ese gozo do narrador puro) de ir aos detalles (signifiquen ou non algo), non co propósito de contar unha historia senón, o que resulta aínda máis esencial, para encher páxinas.
Aceptada a posición libérrima dun narrador que non se autolimita, que se expande porque ten tempo, eu tomo tamén a liberdade de rexeitar o que me parece insubstancial (que é bastante), de decepcionarme (moito) con episodios desaproveitados (como o da caza das vulvas no capítulo 11), de agardar máis de certas esceas que non merecen ser contadas (xa di o propio narrador que como non ten quen lea o seu texto se libra de ser tildado de pelma) ou doutras que se ven resoltas, a pesar da tensión buscada, desde demasiado lonxe (coma o da mexada desde o acantilado), de aprezar a subtil batalla sexual e sentimental entre os protagonistas (indudablemente o mellor do libro: extraordinaria), de entreterme coas súas torpes maneiras de visitar un país ou de partirme de risa en moitas páxinas do libro cando a marca permanentemente irónica do relato deixa paso á esaxeración e á pintura gorda dos personaxes.
Só por esas páxinas de total gargallada merece a pena seguir a libre corriente de palabras do narrador desta novela de Aramburu, unha das novelas destacadas en lingua española do ano pasado. Como tarxeta de visita para min non está nada mal. Seguirei lendo as súas novelas. Seguro.
Nessun commento:
Posta un commento